Site icon Crónica3.com A Mariña

A iniciativa do PP referida á concentración parcelaria de Mondoñedo non prosperou

MONDOÑEDO .- Despois da sesión parlamentaria desta mañá o PP emitiu unha nota na que subliña que o “bipartito opúxose á acelerar a entrega das parcelas e dos títulos de propiedade aos seus lexítimos propietarios”. Os deputados do PP queren deixar claro “os múltiples prexuízos que están a afectar aos veciños destas parroquias mindonienses como consecuencia do mal estado das vías e dos camiños de servizo que comunican as parcelas. O acordo parlamentario proposto polo PPdeG instaba a Medio Rural a corrixilos de inmediato”. En consecuencia reclaman do “Goberno municipal a cumprir o seu compromiso de facer un seguimento destas obras e, neste senso, a ser conscientes dos trastornos que para os veciños destas parroquias está a provocar as demoras na finalización da concentración parcelaria así como tamén como consecuencia da obra da nova autovía”.

Exit mobile version