Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegación de Mar organiza unha sardiñada no porto de Burela

BURELA .- Membros do moto club Os Centolos de A Mariña encargaranse de asar 600 quilos de sardiñas que se repartiran gratuitamente o sábado no porto de Burela, a partir das sete da tarde. Está é unha actividade organizada pola concelleira de Mar do concello de Burela, Remedios López, quen indicou que o seu desexo e potenciar “o traballo realizado polos barcos do cerco que teñen base en Burela, aquí hai tres pero outros moitos procedentes de Portosín, Aguiño, Ares ou Riveira que veñen vender ao noso peirao”.

Nota de Prensa

BURELA ACOLLE MAÑÁ A PRIMEIRA SARDIÑADA POPULAR GRATUITA QUE ORGANIZA A CONCELLARÍA DE MAR.

Burela, 5 de setembro de 2008. Burela acolle mañá sábado a primeira sardiñada popular gratuita que organiza a Concellaría de Mar <para que disfruten doutro dos exquisitos productos do noso mar os veciños e os turistas>, explica Remedios López Villar. Na festa gastronómica que dará comenzo ás sete da tarde no peirao de Burela vánse repartir 600 kilos de sardiñas e 200 de pan. A edil de Mar di que colaboran no evento a asociación cultural Ledicia que cede o material necesario para preparar as sardiñas e a asociación de moteiros Os Centolos da Mariña que se encargarán das tarefas de asado>.

Remedios López Villar quere potenciar <o traballo realizado polos barcos do cerco que teñen base en Burela, aquí hai tres pero outros moitos procedentes de Portosín, Aguiño, Ares ou Riveira que veñen vender ao noso peirao. Queremos recoñecer o seu esforzo ao igual que fixemos noutras ocasións cos barcos pincheiros realizando as xornadas gastronómicas da pescada ou as lanchas de baixura coas que fixemos as xornadas do polbo>.

Exit mobile version