Site icon Crónica3.com A Mariña

A concelleira de Medio Ambiente de Burela propon andar na Semana da Mobilidade

BURELA .- A responsable de medio ambiente do concello de Burela, Lucía Bouza, programou múltiples actos e actividades con motivo da denominada Semana da Mobilidade que se inicia o martes e remata o 22 de setembro coincidindo coa celebración do Dia Europeo sen Coches. Están programados actos pra menores e adultos coa colaboración de persoal municipal.

Nota de Prensa

BURELA ACOLLE DESDE MAÑÁ INFINIDADE DE ACTOS DENTRO DA SEMANA DA MOVILIDADE QUE CULMINARÁ O LUNS 22 DE SETEMBRO CO CELEBRACIÓN DO DÍA EUROPEO SEN COCHES.

Burela, 15 de setembro de 2008. A Concellaría de Medio Ambiente de Burela organizou infinidade de actos dentro da semana da movilidade que darán comenzo mañá martes 16 de setembro.

Mañá haberá unha campaña de recollida de suxerencias para mellorar a movilidade. Será no exterior da Casa da Cultura de 10 da mañá a 2 da tarde, e segundo explica a edil, Lucía Bouza, <todos os viandantes que participen e resposten ás preguntas que alí lles faremos recibirán coma agasallo un podómetro>.

A xornada do mércores 17 estará adicada aos máis pequenos e haberá xogos populares e de mesa realizados polas monitoras de Gaia na Praza da Mariña de 4 a 7 da tarde.

Os días 18 e 19 desenvolveráse unha actividade denominada Paseando ao colexio <un grupo de alumnos irá camiñando ao colexio. As monitoras de Gaia recolleranos ás 9 nove da mañá ás portas do colexio irán andando ata a Praza do Concello e despois retornarán ao centro. Terán que fixarse nos temas de movilidade, o que cren que está ben e as cousas que se poden cambiar ou mellorar e deberán reflexionar sobre o mellor medio de transporte para ir ao colexio>, segue a contar Lucía Bouza. O día 18 participarán nesta actividade os alumnos de 4º de ESO do Virxe do Carmen e o 19 serán os seus compañeiros do Vista Alegre os que realicen o mesmo percorrido.

E o día 19 (o venres) tamén haberá un plenario no Concello sobre a movilidade sostible. Lucía Bouza asegura que <no salón de plenos estaremos o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Obras e Servizos, Pascual Domenech e unha servidora para tratar de atender a todos aqueles que estean preocupados pola mellora de movilidade sostible. Imos escoitar as súas opinión e estudar o que se pode cambiar. É un acto destinado a todo o público>.

O sábado 20 de setembro estarán cortadas ao tráfico rodado durante todo o día as rúas Emilio Pardo Bazán, Rosalía de Castro e Eijo Garay. As monitoras de Gaia realizarán unha maqueta para educación vial en Eijo Garay de 4 a 6 da tarde. Durante a xornada a Banda Municipal de Música de Burela realizará un pasarrúas por esa zona que foi cortada ao tráfico rodado e ás 6 da tarde na Praza do Concello a Burela Blues Band realizará un ensaio público. Lucía Bouza engade que <os hosteleiros queren acompañarnos nesta semana da movilidade e os venres e o sábado haberá unhas xornadas gastronómicas da lingua e da orella>.

O domingo 21 de setembro na Praza do Concello realizaráse un mosaico co logotipo da semana da movilidade. Será de 11 da mañá a 4 da tarde e a partires das 6 da tarde haberá unha chocolatada gratuita na Praza da Mariña.

E xa o luns 22 de setembro (día europeo sen coches) en Burela haberá un circuito pechado para bicicletas, patíns, monopatíns, triciclos….. para todos os vehículos que non teñan motor. Será de 4 a 7 da tarde nas rúas Pardo Bazán e Castelado que estarán pechadas ao tráfico nese tramo horario.

Exit mobile version