Site icon Crónica3.com A Mariña

A concelleira de cultura de Ribadeo ve consolidada a Mostra de Teatro

RIBADEO .- A concelleira de cultura de Ribadeo, Mariluz Álvarez Lastra anima “á xente a que acuda a ver as compañías de teatro afeccionado” que participan nas V Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón “xa que é unha maneira de potencialas, de poñelas en valor e ademais é unha ocasión para que poidan actuar nos escenarios e ao mesmo nivel que as compañías profesionais”.
A edil nacionalista considera que “esta quinta edición amosa que a mostra está consolidada e que cada vez ten máis peso tanto de asistencia coma das compañías que veñen ao noso concello a participar nesta cita”

Exit mobile version