Site icon Crónica3.com A Mariña

A mostra Galicia Dixital pode verse na Casa da Cultura de Burela

A mostra inaugurouse o xoves

A mostra inaugurouse o xoves

BURELA .- Ata o 23 de setembro pódese ver na Casa da Cultura de Burela a exposición itinerante Galicia Dixital, que foi inaugurada esta mañá polo subdirector xeral de Telecomunicacións, Manuel Conde, o alcalde de Burela, Alfredo Llano e a edil de Persoal e Facenda, Remedios López Villar.
Remedios López, lembra que ainda que a exposición está “máis dirixida hacia os nenos e os rapaces, está aberta a todo o mundo que queira achegarse a vela ata o 23 de setembro. Ten moitas actividades coma proxeccións de películas e xogos en tres dimensións, pódese ver o botafumeiro virtual da Catedral de Santiago de Compostela, tamén a un can que aprendeu galego na Universidade de Vigo”. A edil socialista engade que “van pasar pola exposición Galicia Dixital os colexios de Burela e moitos máis do resto da Mariña. Estamos convencidos de que vai gustar”.

Exit mobile version