Site icon Crónica3.com A Mariña

O SLG tomará medidas de presión polo prezo do leite

RIBADEO.- Na asemblea celebrada onte en Ribadeo en convocatoria feita polo SLG, analizaron a evolución dos prezos do leite no que vai de ano, concluíndo que algunhas industrias poden aplicarlles unha rebaixa da ate o vintecinco por cento con respecto a xaneiro. Diante desta situación fixeron propostas de mobilizacións, ente elas deixar de entregar o leite.

NOTA DE PRENSA.

O sector lácteo da Mariña amósase disposto a acometer novas medidas de presión en defensa dun prezo xusto para o leite.
No marco dunha concorrida asamblea convocada polo Sindicato Labrego Galego, que se
celebrou en Ribadeo o mércores 24 de setembro, e que contou coa presencia da Secretaria
Xeral do SLG, Carme Freire, o sector lácteo mariñán analizou a evolución dos prezos no que vai
de ano, chegando á conclusión de que, de confirmarse as ameazas dalgunhas industrias,
poderíamos acabar o ano cunha baixada de prezos do 25% con respeito ao mes de xaneiro.
Á gravísima evolución dos prezos hai que engadirlle a espectacular escalada dos custes
de produción que as explotacións está a asumir, o que determina que, xa neste momento, as
explotacións da comarca están a vender o seu produto por debaixo dos custes de produción.
Valorouse tamén como mui perigosa a implantación do contrato homologado sen prezo mínimo,
que o SLG non asinou, porque pode ser unha arma en mans da industria que o utilizaría para
consolidar a baixada e asegurarse fornecemento de materia prima a baixo prezo a medio prazo.
Diante desta situación, os gandeiros e gandeiras presentes na xuntanza, analizaron que
é urxente poñer en marcha novas medidas mobilizadoras, que poderían consistir na paralización
de entregas e/ou no des-abastecemento dos mercados. Neste sentido, os /as presentes
quedamos emprazados á Asamblea Nacional do sector que o SLG vai convocar para o dia 9 de
outubro en Santiago na que se van definir as medidas de presión a poñer en marcha

Exit mobile version