Site icon Crónica3.com A Mariña

Xustifica o alcalde de Burela tempos de resposta de media hora en salvamentos

BURELA .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, considera que o servizo de salvamento na costa de Lugo está ben atendido e que “dentro das posibilidades presupostarias e de persoal está perfectamente cuberto e si fose necesaria a súa intervención a resposta que poderían ofrecer sería practicamente inmediata”. Xustifica así Alfredo Llano que de “dúas da tarde a nove e media da noite o tempo de resposta dos helicópteros é de 30 minutos” cando o tempo de resposta durante o resto da xornada é de 10 minutos .

Nota de Prensa

ALFREDO LLANO CONSIDERA QUE O SERVIZO DE SALVAMENTO NA COSTA DE LUGO ESTÁ BEN ATENDIDO.

Burela, 29 de agosto de 2008. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, considera que o servizo de salvamento na costa de Lugo está perfectamente atendido. Así explica que no pleno de onte fose rexeitada unha moción presentada polos populares. Llano asegura que segundos os datos facilitados pola Consellería de Pesca <as bases de Vigo e de Celeiro están dotadas en total con 27 persoas entre pilotos, técnicos e mecánicos, e o tempo de resposta é de 10 minutos entre as nove da mañá e as dúas da tarde, tempo que se amplía a 30 minutos desde as dúas da tarde ás nove da noite. En Vigo van reforzar o servizo para prestar unha mellor atención durante as 24 horas do día e aquí váise complementar o servizo de rescate marítimo con dúas embarcacións de grande embergadura que estarán situadas en dous portes entre A Coruña e Xixón. Así se complementaría ben o servizo na costa de Lugo, desde o noso punto de vista>.

O alcalde de Burela engade que <ainda que de dúas da tarde a nove e media da noite o tempo de resposta dos helicópteros é de 30 minutos no caso de Celeiro fáise en moito menos porque o persoal ten a súa vida Lodeiro. Pensamos que o servizo de rescate dentro das posibilidades presupostarias e de persoal está perfectamente cuberto e si fose necesaria a súa intervención a resposta que poderían ofrecer sería prácticamente inmediata>.
————

Exit mobile version