BURELA .- Once establecementos de hostalería participarán do 15 ao 17 de agosto nas xornadas gastronómicas do polvo de Burela que organiza o Concello de Burela. Son: Mesón Hamilton, Palacio de Cristal, Sargo, Parrillada de Jandro, O Portelo, Bar Orxal, Don Jamón, La Bodeguilla, Mesón Botafumeiro, Os Remos e A Marquesa. As racións de polbo venderánse ao prezo de 7,50 euros.
A concelleira de Mar, Remedios López Villar, agradece a acollida que tivo entre o sector esta proposta que analizaron cos hostaleiros nun encontro que mantiveron o venres pasado no Concello e ao que tamén asistiu o alcalde, Alfredo Llano. López Villar lembra que “estas xornadas se organizan para promocionar os productos do noso mar que se venden no peirao de Burela e para arroupar a cuarta proba do Campionato Galego de Moto Acuática que se disputará esta fin de semana na nosa vila”.