BARREIROS .- O voceiro do BNG no concello de Barreiros, Antonio Veiga, referíndose a unhas declaracións do alcalde, Alfonso Fuente, sobre licencias de obra, desvela que se asinou un pacto “o 3 de xullo de 2006 cando se firmou o convenio para o abastecemento da auga. Un acto no que os promotores se comprometían a depositar nas arcas municipais 3,5 millóns de euros e proba de que o BNG é leal co futuro de Barreiros é que nun pleno celebrado naquel momento eu coma voceiro do Bloque lle din a nosa confianza ao PP para levar adiante este proxecto. E foi Alfonso Fuente Parga o que traizoou esa confianza porque non fixo nada ningunha xestión nin nada para que se acelerara o cumprimento dese convenio porque se incumpriron todas as cláusulas dese convenio coa complicidade do alcalde que se plegou a intereses alleos a Barreiros”
Nota de Prensa
O BNG DE BARREIROS ACUSA AO ALCALDE DE SER INCAPAZ DE XESTIONAR SERVIZOS PARA O CONCELLO.
Barreiros, 28 de agosto de 2008. O BNG de Barreiros considera que o equipo de goberno do PP é incapaz de xestionar algo para o Concello. Antonio Veiga asegura que <son incapaces de xestionar nin servizos nin nada, por eso diante da falla de solución se busca o máis fácil e o máis demagogo. Nunha cousa sí que coincidimos co alcalde de Barreiros i é que todo o mundo sabe porque se paralizaron as obras é foi porque non estaban garantidos servizos coma a auga, o saneamento, a rede eléctrica e agora a luz está garantida grazas a que unha consellería gobernada polo BNG lle tivo que botar unha man para que o suministro eléctrico chegase a todas esas novas vivendas de Barreiros e tamén ao polígono industrial de Ribadeo. Eso sí, tivo que ser o BNG o que lle sacara as castañas do lume a este Concello de Barreiros>.
Veiga Outeiro alude tamén a ese pacto de cabaleiros <ao que facía referencia o alcalde dicindo que o asinamos cos promotores. O pacto que asinamos foi o 3 de xullo de 2006 cando se firmou o convenio para o abastecemento da auga. Un acto no que os promotores se comprometían a depositar nas arcas municipais 3,5 millóns de euros e proba de que o BNG é leal co futuro de Barreiros é que nun pleno celebrado naquel momento eu coma voceiro do Bloque lle din a nosa confianza ao PP para levar adiante este proxecto. E foi Alfonso Fuente Parga o que traicionou esa confianza porque non fixo nada ningunha xestión nin nada para que se acelerara o cumprimento dese convenio porque se incumpriron todas as cláusulas dese convenio coa complicidade do alcalde que se plegou a intereses alleos a Barreiros>.
O voceiro nacionalista do BNG en Barreiros engade que <xa o dixemos nas pasadas eleccións municipais, nós pagamos o custe de dicir a verdade, pero imos seguir adiante nese sentido porque queremos un desenvolvemento sostible para Barreiros e coa política que está a levar adiante o Concello eso non é posible e os perxudicados á larga serán os veciños de Barreiros. Eles non teñen culpa da crise económica. Os que practican unha actividade económica de risco coma os promotores inmobiliarios teránse que ater aos riscos que implican esas inversións, pero os veciños de Barreiros non teñen culpa ningunha nin teñen porque pagar as consecuencias de que os negocios dalgúns vaian mal>. Antonio Veiga considera que <cando chegue o 31 de outubro a situación en Barreiros voltará a ser a mesma, porque a crise económica non se resolve en tres meses>.