BARREIROS .- O responsable do BNG no concello de Barreiros, Antonio Veiga pon en dubida os motivos polos que o goberno municipal tardou uns dous anos en ver a concesión de 18 licencias de obra para a construción de vivendas unifamiliares. Antonio Veiga ve que en similares circunstancias, na mesma época, concedéronse licencias para máis de medio cento de bloques mentres quedaron a espera as vivendas unifamiliares.
Nota de Prensa
O BNG DE BARREIROS CRITICA O RETRASO CO QUE SE VIRON NA COMISIÓN DE URBANISMO 18 LICENCIAS PARA A CONSTRUCCIÓN DE VIVENDAS UNIFAMILIARES, PENDENTES DESDE HAI DOUS ANOS.
Barreiros, 26 de agosto de 2008. O BNG de Barreiros lamenta o retraso co que se viron na comisión informativa de urbanismo de onte as 18 licencias para a construcción de outras tantas vivendas unifamiliares que estaban pendentes de resolver desde hai cáseque dous anos. Segundo explica o voceiro nacionalista, Antonio Veiga, <os propietarios destas parcelas presentaron as solicitudes de licencia nos meses de agosto, setembro e outubro de 2006 e o 17 de novembro dese ano a Xunta suspendeu as normas subsidiarias que colleron no medio varias tramitacións que non se puideron resolver e entón os veciños pediron as licencias por silencio administrativo positivo. Das 18 que vimos onte só unha cumpría co prazo de presentación>.
Ao BNG chámalle a atención que <cando preguntamos porqué non se dera celeridade a estas licencias, desde o equipo do goberno do PP nos contestaron que tiñan tres meses para respostarlles aos veciños e que ademáis non sabían que se ían suspender as normas subsidiarias. E eso é totalmente falso porque 3 meses antes desa suspensión: en agosto, en setembro e mesmo o 15 de novembro de 2006 se fixeron comisións de goberno extraordinarias en Barreiros para aprobar un montón de licencias. En concreto concedéronse en total licencias para a construcción de 40 bloques con 1.984 vivendas o 2 de agosto, o 1 e o 27 de setembro, o 13, o 18 e o 25 de outubro e o 15 de novembro na que se concederon licencias para levantar 13 bloques con 518 vivendas>. Antonio Veiga engade que <polo tanto é totalmente falso o que dixo o Sr.Gómez Puente e nós seguímonos a preguntar ¿porqué esa celeridade neses tres meses e se esqueceron destes 18 veciños de Barreiros que querían facer estas casas na súas parcelas que con tanto sudor e esforzo conseguiron na súa vida>.
Os veciños: os grandes pexudicados
Veiga Outeiro considera que <esto é un resumo do acontecido cos gobernos do PP ao longo destes anos. Aquí se ve a quen perxudican e a quenes benefician. Os perxudicados son os veciños que cumpren coas leises, que pagan os impostos, que pagan a auga e o lixo e que non reciben nada a cambio. E precisamente son os grandes promotores os máis beneficiados, eses que lle deban ao Concello o cumprimento do convenio da auga que é algo escandaloso e que lle consisten desde o PP porque tiveron licencias antes de cumprir co que nós esixiamos que era que depositasen antes os cartos para a posta en marcha dos servizos. Esta comisión de urbanismo de onte resume a política urbanística do PP de Barreiros ao longo desde anos>.
O voceiro nacionalista, Antonio Veiga, engade que <agora sí que temos comisións informativas de urbanismo, pero non as había hai dous anos para conceder as licencias a eses grandes bloques de vivendas. Naquel momento non se convocaba á oposición para que non puidese consultar os expedentes e os proxectos, e agora chámannos para ver licencias de vivendas unifamiliares que pouco ou nada teñen que ver e correxir. Por certo que segundo consta nas actas daquelas comisións de goberno moitas desas licencias concedéronse con informes xudiciais desfavorables e con subsanacións de erros que ainda hoxe están pendentes de resolución>.