Site icon Crónica3.com A Mariña

Uns 40 alumnos no primeiro curso de Cámara de Orquestra que se celebra en Burela

BURELA .- Cerca de 40 alumnos participan no primeiro curso de Cámara de Orquestra que se está a celebrar en Burela desde hai uns días, según indicou a responsable municipal de Educación, a socialista Lucía Bouza. A Fin de semana celebrouse un concerto na Casa da Cultura e hoxe e mañá tocaran varios grupos.

Nota de Prensa

SATISFACCIÓN DA EDIL DE CULTURA POLA ALTA PARTICIPACIÓN NO PRIMEIRO CURSO DE CÁMARA DE ORQUESTRA QUE SE ESTÁ A CELEBRAR EN BURELA.

Burela, 26 de agosto de 2008. A concelleira de Educación, Lucía Bouza, está moi satisfeita pola alta participación dos alumnos, xa que hai cerca de 40, neste primeiro curso de Cámara de Orquestra que se está a celebrar en Burela desde hai uns días>.

Bouza lembra que xa se celebrou un concerto esta fin de semana e que quedan dous pendentes para hoxe martes e mañá mércores que se celebrarán ás oito da tarde no auditorio da Casa da Cultura. A edil socialista di que <no de hoxe, martes 26, tocarán varios grupos que interpretarán obras de Mozart, de Beethoven e doutros compositores. E o de mañá, mércores, é o máis especial, porque é o concerto final, para o que levan traballando os alumnos durante os días nos que se desenvolveu o curso. O programa inclúe obras de máis importancia, incluso o estreo dunha composición que descubriu Xan Carballal na catedral de Mondoñedo, polo que merece moito a pena>.

Lucía Bouza agarda que <o público se anime a vir porque en Burela non podemos ter todos os días este tipo de concertos con obras de tanta calidade e con tantos músicos, de tanta calidade tamén, que aprenderon moitas cousas no curso e nos van mostrar nestes concertos>.

Exit mobile version