Site icon Crónica3.com A Mariña

Segundo desafio Tesouro da Cornería na ría do Masma

BARREIROS .- O vindeiro domingo 24 de agosto celebraráse na ría do Masma-Foz o 2º Desafío Tesouro da Cornería, que organiza a asociación Vítere coa colaboración do Concello de Barreiros e Alquiouro. Trátase dunha proba de tiro á corda desde ambos marxes da ría, Barreiros e Foz, na que participarán 12 veciños de cada  municipio e os rexedores dos dous Concellos.

O desafío dará comenzo ás once da mañá. O alcalde, Alfonso Fuente, agarda que sexa un éxito e que “reúna incluso a máis xente que o ano pasado”. Manuel Villamarín, da asociación Vítere, lembra que este desafío xurdiu “porque había un pirata nesta zona que escondía un tesouro na Cornería. Era un diamante azul que nunca ninguén atopou, por eso con esta proba tentamos lembrar esa tradición e os de Barreiros e os de Foz pelexamos por un tesouro que está nunha barca no medio da ría. O mellor, o que máis tire, será o que o leve”.

O ano pasado gañaron o desafío os veciños de Barreiros.

Exit mobile version