A MARIÑA .-
No caso de Foz a asociación de veciños O Castro pide “a todas as persoas que presencien os actos vandálicos e destrutivos para que interpoñan a correspondente denuncia” e “insta ás Autoridades que correspondan a que se tomen as medidas oportunas para evitar que estes feitos se repitan o menos posible”.
Nota de Prensa
AVV “O Castro” Foz
Á vista dos actos vandálicos que se produciron na zona do Paseo Marítimo, desde a Asociación de Veciños “O Castro” de Foz queremos instar á cidadanía, tanto de habitantes como visitantes, a que disfruten das noites de verán pero sempre desde o civismo e respectando tanto ás demais persoas coma ó mobiliario urbano e instalacións diversas. A Asociación de Veciños “O Castro” quere recordar que o mobiliario urbano e outras instalación que se atopan en toda a vila están postas a disposición dos cidadáns para un uso correcto, coherente e civilizado, e entendemos que a persoa que coida eses obxectos non só está respectando ós demais senón tamén a ela mesma, xa que o uso axeitado das instalacións permite que todos nos beneficiemos delas.
Desde a Asociación queremos facer un chamamento a todas as persoas que presencien os actos vandálicos e destructivos para que interpoñan a correspondente denuncia antes as Autoridades competentes, xa que entendemos que deste modo lograrase que esas accións non queden impunes e os autores sufran as consecuencias de xeito directo.
Por último, a Asociación de Veciños “O Castro” insta ás Autoridades que correspondan a que se tomen as medidas oportunas para evitar que estes feitos se repitan o menos posible.
Fátima Rodríguez Moreda
Presidenta
AVV “O Castro” Foz