Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo inverte 11.3000 euros en limpar pistas en parroquias

RIBADEO .- A delegación de  Medio Ambiente do concello de Ribadeo, cuio responsable é Horacio Cupeiro, iniciou a limpeza de pistas de varias parroquias, traballos nos que se investirán 11.300 euros O responsable municipal indicou que “a partires do vindeiro mes tentaremos conseguir outra partida económica para completar estas tarefas”.
Horacio Cupeiro dixo que está satisfeito “das felicitacións que estamos a recibir nas parroquias por estes traballos que estamos facendo”.

Nota de Prensa

O CONCELLO PROCEDE ESTES DÍAS AO DESBROCE DAS PISTAS DE VARIAS PARROQUIAS. UNS TRABALLOS NOS QUE INVISTE 11.300 EUROS.

Ribadeo, 26 de agosto de 2008. O Concello de Ribadeo está a desbrozar de novo estes días as pistas de varias parroquias. <Uns traballos que realizan os dous tractores cos que contamos>, explica o edil de Medio Ambiente. Horacio Cupeiro asegura que <todos sabemos que éste foi un ano de moita choiva e que a pesares de que o noso tractor non parou a maleza das cunetas recentemente cortada xa volta a estar alta. Polo tanto con este novo vehículo co que estamos a traballar imos facer sobre 90 hectáreas de superficie. Os veciños, sobre todo do campo, entenden que o ano foi malísimo para a herba por tanta choiva, xa que estivo a chover moitísimo desde o 7 de maio ata mediados de xuño>.

O concelleiro delegado de Medio Ambiente cre que <se está a notar que o tractor non para e está mañá e tarde a traballar. Non nos da tempo a taluzar polo momento xa que son uns 1.000 kilómetros de pistas aproximadamente os que imos adecentar. A subvención que temos é solo para a realización de traballos nas pistas da concentración parcelaria, xa que non podemos entrar polo monte. A partires do vindeiro mes tentaremos conseguir outra partida económica para completar estas tarefas>. Horacio Cupeiro está satisfeito <das felicitacións que estamos a recibir nas parroquias por estes traballos que estamos facendo>.

O Concello inviste no desbroce das pistas de varias parroquias 11.300 euros.

Exit mobile version