Site icon Crónica3.com A Mariña

Rehabilitación da Torre do Morenos de Ribadeo

RIBADEO.- A Consellería de Cultura e o Concello de Ribadeo asinaron esta tarde un protocolo de colaboración técnica e económica para proceder á rehabilitación da Torre dos Moreno. Una actuación que estará condicionada á aceptación por parte dos propietarios. Consistirá segundo Ánxela Bugallo “en consolidar a estructura do inmoble e a reparación das vigas e elementos horizontais que soportan o peso do edificio, inclúense obras na cuberta, nas fachadas exteriores e nos patios que dan ao interior do edificio e tamén o acondicionamento dos accesos ao inmoble e a restauración das baixantes principais”.

A Consellería de Cultura asumirá o custe total das obras de restauración da Torre dos Moreno e o goberno local de Ribadeo establecerá contactos cos propietarios e encargaráse da vixianza e seguridade durante a realización dos traballos.

O rexedor, Fernando Suárez, amosóuse satisfeito con esta sinatura polo que suporá “para un edificio que levaba moito tempo esquecido, de feito as últimas actuacións datan de hai dez ou doce anos”. Engadiu que se trata dun proceso complexo ademáis de polo deterioro do inmoble pola fragmentación da propiedade “xa que moitos dos propietarios se atopan en Madrid e en América e esa liña vital co paso dos anos séguese a fragmentar e complica máis esta situación”. O alcalde comprometéuse a iniciar os contactos con eles “desde mañá mesmo para que este protocolo se converta en breve nun convenio con consignación presupostaria para realizar as obras”. Fernando Suárez lembrou a importancia que ten para Ribadeo e para o resto do país “a Torre dos Moreno que é xunto coa praia das Catedrais un dos símbolos desta zona”. O alcalde agradecéulle á conselleira de Cultura o esforzo realizado para asinar este protocolo “trátase dun día moi importante para o patrimonio histórico e cultural de Ribadeo”.

Alcalde e conselleira ademáis do resto das autoridades e dos técnicos convidados a este acto cursaron unha visita á Torre dos Moreno.

Exit mobile version