Site icon Crónica3.com A Mariña

Queixase o PP de que os plenos da corporación de Burela non teñen contido

BURELA .- O grupo municipal do PP no concello de Burela queixase de que os plenos municipais “non teñen ningún contido, agás as mocións que presenta o grupo popular” e achácano “falla de iniciativa, a falla de traballo, a vagancia, en definitiva” do alcalde e do equipo. Como exemplo citan que “mes trais mes, asistimos a plenos nos que, por exemplo, se nomea xuíz de paz, se ceden locais para locais de ensaio, ou, como é o caso deste mes, se dá conta ó pleno de dous proxectos de obra, un de reparación de aceras e outro de dúas rúas. É dicir, non se aborda ningún proxecto importante para o concello”.

Nota de Prensa

NOTA DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE BURELA

O GMPP afirma que o alcalde xa non sabe que facer para incluir algo nos plenos.

Asegura que a parálise é total desde hai un ano.

O único punto que inclúe o alcalde é o de dar conta de dous proxectos de obra.

O GMPP afirmou hoxe mediante unha nota de prensa que a parálise de xestión do concello é tal, que desde o pasado decembro os plenos non teñen ningún contido, agás as mocións que presenta o Grupo Popular, porque o alcalde non é quen de incluir cuestións que sexan importantes para o Concello, porque sinxelamente non tén proxecto para Burela nin lle interesa o máis mínimo Burela.

Mes trais mes, asistimos a plenos nos que, por exemplo, se nomea xuiz de paz, se ceden locais para locais de ensaio, ou, como é o caso deste mes, se dá conta ó pleno de dous proxectos de obra, un de reparación de aceras e outro de dúas rúas. É decir, non se aborda ningún proxecto importante para o concello, ningún proxecto que xenere dinamismo e movemento socioeconómico, e así non se goberna nin se mira polo futuro, porque sinxelamente non hai futuro nin capacidade de ilusionar ós cidadáns.

Os populares pregúntanse porque se dá conta destes dous proxectos, porque un xa foi aprobado pola xunta de goberno a mediados de Xullo, e púidose dar conta del no pleno de Xullo. Ademáis, tamén se preguntan se esto vai ser así a partires de agora, porque entón haberá que solicitar que o pleno non se dea solamente por enterado, senón que sexa quen de aprobar ou non os proxectos, e de darlle contido á comisión de obras, para que sexa esta a que promova e supervise os proxectos.

Para o GMPP, esto demostra a falla de iniciativa, a falla de traballo, a vagancia, en definitiva, dun alcalde e dun equipo que están máis preocupados por ocupar o sillón que por traballar polo concello; pero eso sí, con despostismo, con intolerancia, con enfados, con malos modos, e con frases e xestos de cara á galería pero totalmente vacíos de contido.

En Burela, a vinteseis de Agosto de dous mil oito.

Exit mobile version