Site icon Crónica3.com A Mariña

Proxecto de dinamización na área recreativa do monte Castelo

BURELA    .- A teniente de alcalde de Burela, Neves Cando e o concelleiro de Turismo, José González Legazpi visitaron esta mañá a área recreativa do Monte Castelo con técnicos dunha empresa de Lugo que se encargará da elaboración dun proxecto para dinamizar esa zona. O edil, González Legazpi, asegura que se fará “ao abeiro dos programas dinamizadores de núcleos rurais que leva adiante a Xunta coma o plan AGADER. Estamos a traballar para solicitar as axudas oportunas de cara a levar adiante este proxecto nunha zona de lecer que tentamos poñer en valor”.

José González engade que “esta mañá visitamos a zona cos técnicos dunha empresa especializada neste tipo de proxectos que está radicada en Lugo e que procederá a redactar o necesario para mellorar o Monte Castelo, desde o punto de vista turístico, medio ambiental e incluso de aforro enerxético. Consideramos que é unha zona a desenvolver e explotar e desde esa empresa nos irán indicando cómo podemos revitalizala”

Exit mobile version