FOZ .- O portavoz de PP de Foz, Angel Cao, asegura que o alcalde socialista García Rivera “escatima 30.000 euros para axudar o mantemento das festas tradicionais nas parroquias e non pide explicacións a GESTAGUA en que se vai gastar mais de 400.000 euro que pagar os veciños”. Os populares focenses consideran que “Rivera non defende os intereses dos veciños de Foz” e que “por encima destes, está a defensa das empresas privadas e os afines o PSOE”.
Nota de Prensa
Solo fixeron falta dous Plenos para que descubrir o verdadeiro Rivera, un Rivera OPURTUNISTA, e MANIPULADOR.
O Partido Popular leva denunciou en moitas ocasións que Rivera non defende os intereses dos veciños de Foz, que por encima destes, está a defensa das empresas privadas e os afines o PSOE. Non temos mais que ver estes presupostos, pa darnos conta, unhos presupostos que El e solo EL non quixo consensuar.
A evidencia destes feitos demostrase que escatima 30.000 euros para axudar o mantenemento das festas tradicionais nas parroquias do noso Concello e non pide explicacións a GESTAGUA en que se vai gastar mais de 400.000 euros ( case 70.000.000 millóns de pesetas), os cales teremos que pagar os veciños.
Queda claro que Rivera fará rascar os bolsillos dos veciños de Foz para pagar a taxa de mantenemento que quixo Rivera e GESTAGUA, e non os veciños que seguiran loitando por poder manter as festas tradicionais con recursos das parroquias.
O Partido Popular no nos estraña que o PSOE non queira recoñecer a existencia da crises e a evolución negativa do paro, pois, si como en Foz se aproveitan dos presupostos Municipais para facturar o concello e encontrar traballo, e evidente que a crises sufrímola os demais e non os do PSOE. Estes presupostos son unhos presupostos feitos a medida do PSOE e para o PSOE que como xa denunciamos e os feitos no lo demostran son os que mais beneficiados.
Ante as argucias de Rivera para aprobar unha taxa de saneamento, que elevará o custe do recibo da auga para os veciños de Foz considerablemente e a aprobación dos presupostos, aproveitándose dunha circunstancia vantaxosa na corporación, dende o Partido Popular comprometémonos publicamente que estaremos vixilantes onde se vai gastar cada euro destes presupostos e denunciar o aproveitamento que se faga para mellorar a situación persoal ou familiar dos membros do Equipo de Goberno e os afines a estes.
A presupostación dos ingresos e os gastos non se fan con criterios de maximo rigor e prudencia, nin se realizan seguimentos da evolución o longo do exercicio, que permitan axustar as previsións a realidade de maneira permanente, deixando unha vez mais quedar en evidencia a tan pregoada transparencia, honestidade e a seriedade de este Equipo de Goberno.
Portavoz del G.M. Partido Popular
Anel Cao Pérez