Site icon Crónica3.com A Mariña

Pleno dos Orzamentos o martes 26 en Ribadeo

RIBADEO .- Os orzamentos de Ribadeo para 2008 irán a pleno o vindeiro martes 26 de agosto ás oito da tarde, segundo a convocatoria asinada polo rexedor, Fernando Suárez. Na Comisión de Economía e Facenda celebrada esta mañá “os presupostos foron informados de xeito favorable cos votos do BNG, namentres que os partidos da oposición: PP, PSOE e UPRI abstivéronse e reservan o seu voto e a súa decisión para ese pleno do martes”, segundo explica o concelleiro de Economía, Vicente Castro.

O equipo de goberno presentou unha modificación dos presupostos “na que asumimos e contemplamos parte das propostas realizadas polo PP e por UPRI, porque o PSOE non presentou ningunha. Tamén retocamos algunhas partidas de motu proprio despois de realizar un pormenorizado estudo xunto coa interventora municipal e logramos rebaixar os orzamentos nuns 260.000 euros, unha cifra que se aproxima á exposta na pasada comisión polos populares”, engade Vicente Castro.

O edil nacionalista lembra a importancia da aprobación destes presupostos que roldan os 9,9 millóns de euros “xa que están previstas moitas inversións vinculadas a subvencións doutras administración e que se poden perder no caso de que non saísen adiante”.

Exit mobile version