Site icon Crónica3.com A Mariña

Para o PP de Burela e “boa pero inxusta” a axuda de 40 euros para a inicio de curso

BURELA .- O PP de Burela asegura que no pleno que se celebrou o xoves “quedou claro que o concello limitarase a dar corenta euros para axudas a principio de curso, unha medida que nos parece boa pero inxusta porque da o mesmo ós ricos ca ós pobres”. Os populares pediron no pleno que “o concello rebaixe ou bonifique a contribución e as licencias de obra e apertura ós comerciantes” e propuxeron “rebaixar ou bonificar a contribución ás familias numerosas ou que conten con alúmenos dous membros xubilados”. A tales iniciativas, según afirman, negáronse “en redondo o alcalde e a tenente de alcalde”.

Nota de Prensa

NOTA DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE BURELA

O GMPP asegura que o alcalde non fará nada para axudar ós que padecen a crise económica.

Os populares reiteran a petición de rebaixa da contribución para comerciantes e familias desfavorecidas.

Afirman que no pleno veuse o verdadeiro talante do alcalde.

O GMPP asegurou hoxe mediante unha nota de prensa que no pleno o pasado xoves quedou claro que o concello limitarase a dar corenta euros para axudas a principio de curso, unha medida que nos parece boa pero inxusta porque da o mesmo ós ricos ca ós pobres. Nin o alcalde nin o seu equipo farán nada máis para axudar ós máis desfaverecidos a pasar a crise económica que o alcalde se empeña en negar.

O PP solicitou que o concello rebaixe ou bonifique a contribución e as licencias de obra e apertura ós comerciantes, pero o bigoberno negouse, despreciando as medidas que propoñia o PP. O PP tamén propuxo rebaixar ou bonificar a contribución ás famililas numerosas ou que conten con alomenos dous membros xubilados, negándose en redondo o alcalde e a tenente de alcalde.

O peor foi o tono despectivo con que falaron da crise, como se non houbese familias que o estiveran pasando mal. Patético xa foi que Nieves Cando dixera, en relación coa axuda de corenta euros, que quen crea que cobra moito que non a pida, nun alarde de cinismo e desprecio insultante. A Nieves Cando non lle interesa baixar os impostos, porque así non tería para organizar carpas e festas e salir ela na foto, que é o que lle gusta realmente.

E tamén vimos a verdadeira cara do alcalde: tenso, nervioso, usando unha linguaxe mui pouco axeitada para un pleno e un tono despectivo, contradecíndose entre o que dixo na comisión o luns  sobre falar cos veciños do Campón, tratando as propostas da oposición con desaires: en definitiva, a verdadeira cara dunha persoa que non é de fiar, que hoxe di unha cousa e mañán di a contraria e se queda tan ancho, e que pouco tén que ver con esa cara amable e de palmaditas. Por certo, tampouco lle gusta que se fale dos cáseque cincuenta mil euros que cobra, pero terá que oirnos, porque cobra dos cartos de todos os cidadáns de Burela.

Exit mobile version