BURELA .- O PP de Burela asegura que no pleno que se celebrou o xoves “quedou claro que o concello limitarase a dar corenta euros para axudas a principio de curso, unha medida que nos parece boa pero inxusta porque da o mesmo ós ricos ca ós pobres”. Os populares pediron no pleno que “o concello rebaixe ou bonifique a contribución e as licencias de obra e apertura ós comerciantes” e propuxeron “rebaixar ou bonificar a contribución ás familias numerosas ou que conten con alúmenos dous membros xubilados”. A tales iniciativas, según afirman, negáronse “en redondo o alcalde e a tenente de alcalde”.
Nota de Prensa
NOTA DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE BURELA
O GMPP asegura que o alcalde non fará nada para axudar ós que padecen a crise económica.
Os populares reiteran a petición de rebaixa da contribución para comerciantes e familias desfavorecidas.
Afirman que no pleno veuse o verdadeiro talante do alcalde.
O GMPP asegurou hoxe mediante unha nota de prensa que no pleno o pasado xoves quedou claro que o concello limitarase a dar corenta euros para axudas a principio de curso, unha medida que nos parece boa pero inxusta porque da o mesmo ós ricos ca ós pobres. Nin o alcalde nin o seu equipo farán nada máis para axudar ós máis desfaverecidos a pasar a crise económica que o alcalde se empeña en negar.
O PP solicitou que o concello rebaixe ou bonifique a contribución e as licencias de obra e apertura ós comerciantes, pero o bigoberno negouse, despreciando as medidas que propoñia o PP. O PP tamén propuxo rebaixar ou bonificar a contribución ás famililas numerosas ou que conten con alomenos dous membros xubilados, negándose en redondo o alcalde e a tenente de alcalde.
O peor foi o tono despectivo con que falaron da crise, como se non houbese familias que o estiveran pasando mal. Patético xa foi que Nieves Cando dixera, en relación coa axuda de corenta euros, que quen crea que cobra moito que non a pida, nun alarde de cinismo e desprecio insultante. A Nieves Cando non lle interesa baixar os impostos, porque así non tería para organizar carpas e festas e salir ela na foto, que é o que lle gusta realmente.
E tamén vimos a verdadeira cara do alcalde: tenso, nervioso, usando unha linguaxe mui pouco axeitada para un pleno e un tono despectivo, contradecíndose entre o que dixo na comisión o luns sobre falar cos veciños do Campón, tratando as propostas da oposición con desaires: en definitiva, a verdadeira cara dunha persoa que non é de fiar, que hoxe di unha cousa e mañán di a contraria e se queda tan ancho, e que pouco tén que ver con esa cara amable e de palmaditas. Por certo, tampouco lle gusta que se fale dos cáseque cincuenta mil euros que cobra, pero terá que oirnos, porque cobra dos cartos de todos os cidadáns de Burela.