BURELA .- A Consellería de Sanidade comunicoulle a algúns usuarios adscritos o Centro de Saúde de Burela que os trasladaba a outro centro fora do concello, según afirma o PP que di ter recibido queixas de veciños. Ós afectados non solicitaron o cambio e Sanidade non lles consultou a decisión, comunicóullela a principios de agosto, aseguran os populares.
Nota de Prensa
O PP asegura que Sanidade cambiou de concello a asegurados adscritos ó Centro de Saúde de Burela.
Os populares afirman que se fixo sen coñecemento dos interesados.
Consideran “totalitaria” a política da Consellería de Sanidade.
O GMPP de Burela asegurou hoxe a través dunha nota de prensa que a Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Aseguramento e Planifiación Sanitaria, procedeu a principios de Agosto a cambiar de concello a varios asegurados adscritos ó Centro de Saúde de Burela, pero sen previa petición dos interesados e con total descoñecemento por parte dos mesmos.
Esto é o que se desprende dunha carta remitida polo Director Xeral de Aseguramento e Planificación Sanitaria da Consellería de Sanidade, Germán González Pazó, a principios de Agosto, na que se lles comunica a varios asegurados que a partires da recepción da carta pasan a estar adscritos a outros centros de saúde distintos ó de Burela.
Esta situación foi comunicada ao PP de Burela por algúns dos afectados, porque en ningún momento se lles preguntou nin consultou para tal cambio, o que consideran totalmente lesivo para os seus intereses.
O cambio de centro de saúde tampouco foi solicitado polo propio centro de saúde de Burela nin por ningún facultativo do mesmo.
Para o PP de Burela, esta é unha mostra máis do desprecio da Xunta do PSOE e do BNG ós cidadáns, xa que esta forma de actuar é totalmente totalitaria, e atenta contra os dereitos fundamentais recollidos na lexislación vixente dos cidadáns.
Os populares aseguran que é unha mostra do “totalitarismo” co que está actuando a Xunta, especialmente a Consellería de Sanidade, que se vén caracterizando por aumentar as listas de espera, facendo insostible a situación do Hospital da Costa; por “ampliar” o Hospital con barracóns, e por suspender consultas médicas especializadas sen compromiso futuro. Agora, esquecendo que os cidadáns da Mariña tamén teñen status de cidadáns, a Consellería de Sanidade incumple a lei e cambia de centro de saúde a cidadáns sen petición previa.
En Burela, a vintedous de Agosto de dous mil oito.
O Grupo Municipal do PP de Burela.