Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que a crise económica na Mariña é responsabilidade do Goberno Central

FOZ .- Alcaldes e voceiros populares na Mariña, encabezados polo Presidente provincial José Manuel Barreiro e a Presidenta da Asamblea de Madrid Elvira Rodríguez, analizaron hoxe en Foz as consecuencias que está a ter na comarca a falla de respaldo das institucións ós sectores pequeiro e inmobiliario, e concluíron que se debe á falla de compromiso do Goberno Central.

NOTA DE PRENSA

Foz, a 13 de agosto de 2008.- A crise económica e sobre todo a alarmante repercusión que ésta está a provocar no bolsillo de todos os cidadáns, facendo unha especial mención á comarca da Mariña, especialmente agravada pola carencia de infraestructuras, a crise do sector pesqueiro e o a importante caída do mercado inmobiliario, foi un dos temas que centrou boa parte da xuntanza celebrada hoxe en Foz polos representantes do Partido Popular nos municipios desta comarca, e encabezados polo Presidente provincial José Manuel Barreiro, coa Presidenta da Asamblea de Madrid e ex ministra de Medio Ambiente Elvira Rodríguez.

Neste senso todos coincidiron en salientar a incapacidade amosada polo Goberno central á hora de afrontar a crise económica, xa convertida en recesión, que está a vivir o país. Fixeron sobre todo especial fincapé na falla de compromiso e na ausencia de medidas concretas e eficaces para que os sectores que están a sufrir con maior belixerancia está situación, e que pola súa condición de claves dentro do texido económico-productivo están a arrastrar ós demais, poidan paliar ou cando menos frenar a caída.

Unha ausencia de respaldo por parte do Goberno central que os representantes populares fixeron extensible ós gobernos socialistas da Xunta, da Deputación provincial e incluso dos propios concellos que, segundo explicaron, rechazaron prácticamente de xeito sistemático todas as iniciativas encamiñadas a ofrecer axudas directas ós sectores económicos básicos da provincia de Lugo como poden ser o agrogandeiro e o pesqueiro.

Salientaron asimesmo que a crise no sector inmobiliario xeneralizada neste intre adiantou os seus efectos na comarca da Mariña por culpa do alarmismo e a persecución política desenvolvida pola Xunta coa adopción dalgunhas medidas pouco axeitadas.

Os cargos do PP lembraron ademais que José Luis Rodríguez Zapatero e o seu equipo non dubidaron en negar a evidencia da crise económica nos pasados comicios xerais, o que, segundo suliñaron, foi un engano maiúsculo a todos os españois, e  que pon de manifesto que na política que están a desenvolver os socialistas alí onde chegan prima a máxima do “todo vale” con tal de que poida sacárselle rendabilidade electoral.

Unha actitude que se complementa cunha retahíla de promesas que despois esquécense de cumprir. Exemplo claro delo é para os populares a situación na que se atopan as infraestructuras previstas para a provincia de Lugo en xeral e para a Mariña en particular, que seguen a acumular retrasos e na que está incluida a recente polémica sobre os prazos de chegada do Ave a Galicia.

GABINETE DE COMUNICACIÓN

Saúdos

Exit mobile version