Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela reclama o recoñecemento da súa xestión en obras municipais

BURELA .-  O PP de Burela, afirmou hoxe que “o alcalde de Burela vive de rendas, e non se merece cobrar o que cobra, porque non aporta nada ó desenvolvemento do concello”. Estas manifestacións foron feitas a raíz de que Llano recoñecese a bondade do investimento de 110.000€ por parte do Proder en Burela, na construcción de tres zonas verdes na zona de A Casilla e un carreiro peonil no Perdouro.

NOTA DE PRENSA DO PORTAVOZ DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR

González Barcia asegura que o alcalde vive de rentas.

Considera que o retraso de certas obras evidencia a capacidade de traballo do alcalde e do seu equipo.

O portavoz do GMPP, José María González Barcia, afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que o alcalde de Burela vive de rentas, e non se merece cobrar o que cobra, porque non aporta nada ó desenvolvemento do concello.

Estas manifestacións foron feitas a raíz de que Llano recoñecese a bondade do investimento de 110.000’00€ por parte do Proder en Burela, na construcción de tres zonas verdes na zona de A Casilla e un sendeiro peonil no Perdouro.

González Barcia lembrou que foi o PP que fixo o proxecto, quen xestionou os cartos do Proder, quen presupostou a obra, e quen a adxudicou, “e o único que fixo o alcalde foi retrasala”.

Polo tanto, decir agora que estamos facendo un Burela millor entre todos é mentira, porque el, de momento, o que está facendo é cobrar cincuenta mil euros ó ano, pero non tén aportado ningún proxecto, ainda que sí tén creado máis de un problema, e tampouco resolve os que lle plantexan.

Para González Barcia, estes retrasos en obras, como o manifestado, ou como o das obras da explanada do Campón, para as que se perdeu a financiación da Deputación que estaba comprometida polo PP, demostran “o corto percorrido de marcha” do alcalde, e a súa pouca capacidade de traballo, como se tén demostrado na nula xestión que fixo para que Burela conte cun subparque de bombeiros compartido con Cervo.

En Burela, a vintedous de Agosto de dous mil oito.

O portavoz do Grupo Municipal do PP de Burela, José María González Barcia.

Exit mobile version