BURELA .- O PP de Burela, afirmou hoxe que “o alcalde de Burela vive de rendas, e non se merece cobrar o que cobra, porque non aporta nada ó desenvolvemento do concello”. Estas manifestacións foron feitas a raíz de que Llano recoñecese a bondade do investimento de 110.000€ por parte do Proder en Burela, na construcción de tres zonas verdes na zona de A Casilla e un carreiro peonil no Perdouro.
NOTA DE PRENSA DO PORTAVOZ DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR
González Barcia asegura que o alcalde vive de rentas.
Considera que o retraso de certas obras evidencia a capacidade de traballo do alcalde e do seu equipo.
O portavoz do GMPP, José María González Barcia, afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que o alcalde de Burela vive de rentas, e non se merece cobrar o que cobra, porque non aporta nada ó desenvolvemento do concello.
Estas manifestacións foron feitas a raíz de que Llano recoñecese a bondade do investimento de 110.000’00€ por parte do Proder en Burela, na construcción de tres zonas verdes na zona de A Casilla e un sendeiro peonil no Perdouro.
González Barcia lembrou que foi o PP que fixo o proxecto, quen xestionou os cartos do Proder, quen presupostou a obra, e quen a adxudicou, “e o único que fixo o alcalde foi retrasala”.
Polo tanto, decir agora que estamos facendo un Burela millor entre todos é mentira, porque el, de momento, o que está facendo é cobrar cincuenta mil euros ó ano, pero non tén aportado ningún proxecto, ainda que sí tén creado máis de un problema, e tampouco resolve os que lle plantexan.
Para González Barcia, estes retrasos en obras, como o manifestado, ou como o das obras da explanada do Campón, para as que se perdeu a financiación da Deputación que estaba comprometida polo PP, demostran “o corto percorrido de marcha” do alcalde, e a súa pouca capacidade de traballo, como se tén demostrado na nula xestión que fixo para que Burela conte cun subparque de bombeiros compartido con Cervo.
En Burela, a vintedous de Agosto de dous mil oito.
O portavoz do Grupo Municipal do PP de Burela, José María González Barcia.