Nota de Prensa
NOTA DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE BURELA
O PP de Burela pide que se reforce o persoal do Pesca II
No pleno do vindeiro xoves, o PP presenta unha moción sobre o Pesca II, na que se pide que se reforce o cadro de persoal do helicóptero con base en Celeiro, para que así se poida manter a operatividade permanente do aparato en condicións de resposta inmediata, e non como está a acontecer nestes momentos, nos que a tripulación está na base en horario de mañán.
Para os populares, tal operatividade permanente, e en condicións de seguridade para a propia tripulación, é fundamental por dous motivos: para o propio salvamento marítimo, e para os labores de apoio e participación directa que fai o propio helicóptero noutro accidentes.
Segundo o PP, a Xunta está desmantelando servicios que funcionaban bastante ben, e por riba está provocando unha desatención ós cidadáns; todo elo sen motivos aparentes, o que nos leva a pensar que non hai interés por parte da Xunta de velar polos dereitos dos veciños da Mariña.
En Burela, a vinteseis de Agosto de dous mil oito.