Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela detecta cancelacións masivas de citas no Hospital da Costa

HOSPITAS DA COSTA BURELABURELA .- O hospital da Costa está facendo “cancelacións masivas” de citas para consultas das especialidades de Cardioloxía, Traumatoloxía e Oftalmoloxía, según anuncia o comité local do PP de Burela.  A cancelación é “practicamente de un día para outro e sen compromiso de cita posterior, o que deixa ó paciente nunha situación de preocupación e indefensión”  afirman dende o PP a vez que lembran que “no Hospital o investimento é nulo”.

Nota de Prensa

NOTA DE PRENSA DO COMITÉ LOCAL DO PARTIDO POPULAR

O Comité Local do PP de Burela, preocupado pola cancelación de consultas de cardioloxía no Hospital.

Asegura que se está a dar a mesma circunstancia en oftalmoloxía.

O Comité Local do Partido Popular de Burela mostrou hoxe a súa preocupación pola cancelación de consultas de cardioloxía no Hospital da Costa de Burela durante os meses de verán.

Os populares aseguran que as cancelacións son masivas, e se están a producir nas mesmas circunstancias ca en traumatoloxía, é decir, prácticamente de un día para outro e sen compromiso de cita posterior, o que deixa ó paciente nunha situación de preocupación e indefensión.

O Comité Local do PP indica tamén que a mesma circunstancia se está a dar en oftalmoloxía, unha das especialidades con peores estatísticas do Hospital da Costa. Segundo o PP, que o Hospital sexa o peor de toda Galicia en certas especialiades, e por riba se suspendan consultas, xa non é que sexa irónico, e que é unha tomadura de pelo para os cidadáns.

Os populares reiteran que a culpa de toda esta situación é da nefasta política sanitaria do PSOE e do BNG, e lembran que no Hospital o investimento é nulo, mentras a consellería se gasta sete millóns de euros no cambio de logotipos.

Polo tanto, os populares entenden que a Xunta vé ós cidadáns da Mariña como cidadáns de terceira, cando resulta que pagamos os mesmos impostos ca no resto de Galicia, e polo tanto esiximos unha sanidade de calidade, e non un trato tercer mundista e de casi desprecio por parte da administración.

En Burela, a cinco de Agosto de dous mil oito.

O Comité Local do Partido Popular de Burela.

Exit mobile version