BURELA .- O PP de Burela asegura que o seu grupo municipal presentou unha moción no concello, no mes de abril, propoñendo que se pintasen os pasos de FEVE existentes en Burela antes das festas patronais e de cara o verán. Os populares afirman que “de momento só se pintou o paso inferior próximo ó Campón, por certo, con tons e características moi similares ó feito polo PP no de Eijo Garay. Pero o de Eijo Garay nin se repintou para as festas e o verán, nin o de Lamas foi adecentado, e en ningún dos tres se puxeron puntos de luz, cuestións que se abordaban na moción”.
O PP de Burela afirma que xa en abril propuxo que se pintasen os pasos de FEVE
Nota de Prensa
O GMPP afirma que o alcalde non cumple os acordos plenarios .
Os populares consideran “mui incompleto” o adecentamento dos pasos baixo FEVE.
Para o PP, unha mostra máis da falla de dedicación do alcalde.
O GMPP asegurou hoxe mediante unha nota de prensa que é tal a incapacidade e deixadez política do alcalde que mesmo incumple os acordos plenarios, como se demostra co adecentamento dos pasos inferiores baixo FEVE. O PP lembra que esta actuación foi aprobada a finais de Abril, a petición do propio Partido Popular, e que de momento só se pintou o paso inferior próximo ó Campón, por certo, con tonos e características mui similares ó feito polo PP no de Eijo Garay. Pero o de Eijo Garay nin se repintou para as festas e o verán, nin o de Lamas foi adecentado, e en ningún dos tres se puñeron puntos de luz, cuestións que se abordaban na moción.
O GMPP presentou esta moción no mes de Abril para que o concello tivera tempo e levar a cabo as actuacións pertinentes antes do verán, o que é evidente que non se fixo.
Para os populares, conseguintemente, o cumplimento do acordo plenario é “mui incompleto”, porque a estas alturas do ano, e pasados catro meses da adopción do acordo, está claro que mui pouco se fixo. E o máis simpático é que o alcalde presume do que fai: dime de que presumes, y te diré de que careces, dice o refrán castelán, que é de total aplicación ó xeito de facer do alcalde.
Os populares pregúntanse que disculpa poñerá agora o alcalde, porque algunha poñerá. Pero o que é evidente é que se non se fixo esta actuación o responsable é el, que demostra así, unha vez máis, e van xa moitas, a súa inoperancia e escaso traballo e dedicación. Se un alcalde non é capaz de cumplir un acordo plenario coma este en catro meses, que leva facelo unha semana, nada se pode agardar del.
En Burela, a vintesete de Agosto de dous mil oito.