Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela afirma que o Hospital da Costa usa barracóns para consultas

BURELA .- O PP de Burela asegurou “que o hospital está consultando en barracóns, xa que o servizo de prevención de riscos laborais está funcionando en instalacións prefabricadas. Nesas instalacións traballan tres persoas e nas mesmas van os traballadores do hospital que o precisan”. Consideran que “esta situación é degradante para os propios traballadores; alguns xa falan de hospital de campaña, dadas as condicións nas que se está a traballar”.

NOTAS DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR

O PP afirma que o Hospital usa barracóns para consultas.

Os populares pregúntanse se esa é unha ampliación.

Consideran que os traballadores do centro non se merecen semellante trato.

O Grupo Municipal do PP de Burela asegurou hoxe mediante unha nota de prensa que o hospital está consultando en barracóns, xa que o servicio de prevención de riscos laborais está funcionando en instalacións prefabricadas. Nesas instalacións traballan tres persoas e nas mesmas van os traballadores do hospital que o precisan.

Para os populares de Burela esta situación é degradante para os propios traballadores; alguns xa falan de hospital de campaña, dadas as condicións nas que se está a traballar.

Os populares culpan da situación á Xunta do PSOE e o BNG, que en vez de traballar para levar a cabo a reducción das listas de espera incorporan “ampliacións” prefabricadas, impropias para un centro hospitalario, que debe ter como obxectivo que a calidade prime en todos os servicios que presta.

A Xunta, con estas medidas, estase a rir dos cidadáns da Mariña, que pagan impostos, e que queren unha sanidade de calidade. Compre lembrar que o Hospital tiña acadado un  recoñecemento de calidade innegable, que está a perder a pasos axigantados.

Ademais, é sorprendente que o BNG cale a boca ante esta situación, que de terse producido na Xunta do PP xa tería posto en pé de guerra ós nacionalistas.

Os populares de Burela esixen da Consellería de Sanidade rigor e seriedade no traballo; reducción das listas de espera, e compromisos rigurosos para levar a cabo a ampliación do Hospital, lembrando que a única que se fixo hasta agora fíxoa o PP en 2001.

En Burela, a vnteún de Agosto de dous mil oito.

O Grupo Municipal de Burela.

Exit mobile version