BURELA .- O grupo municipal do PP no concello de Burela asegura que recibe queixas de veciños polo incremento da contribución urbana que tivo un incremento “incluso superior ó dez por cento con respecto ó ano 2007”, e consideran que isto é “un serio atranco para as economías das familias máis desfavorecidas, pero tamén das empresas”. Os populares ven “que os socialistas e os nacionalistas teñen un afán recaudatorio extremo, de cara a poder cubrir os seus gastos de autobombo e autopromoción”.
Nota de Prensa
O GMPP afirma que recibe queixas dos cidadáns polo incremento da contribución.
Os populares aseguran que o concello agrava a situación das familias máis desfavorecidas.
O PP di que o incremento supera amplamente o dez por cento.
O GMPP afirmou hoxe mediante unha nota de prensa que son moitas as queixas que está recibindo polo forte incremento experimentado no presente ano pola contribución urbana, o IBI, e que afecta tanto a familia coma a autónomos e empresas. Esto significa que o concello, se non toma medidas, está agravando a situación das familias máis desfavorecidas, especialmente na situación de crise na que vivimos.
Os populares aseguran que en certos casos o incremento é incluso superior ó dez por cento con respecto ó ano 2007, o que consideran un serio atranco para as economías das familias máis desfavorecidas, pero tamén das empresas.
Por exemplo, un piso que en 2006 pagaba 154’00€, pasou a pagar coa rebaixa feita polo PP en 2007 un total de 145’00€; pero en 2008 pga 165’49€, ou sexa, algo máis de vinte euros, o trece por cento.
Tamén destacan que unha entreplanta pagaba 177’59€ no ano 2006; coa rebaixa efectuada polo PP en 2007, pagou nese ano 170’17€; pero no ano 2008 a mesma entreplanta paga 199’74€, ou sexa, cáseque trinta euros de máis, o dezasete por cento.
Outro exemplo referido a unha vivenda unifamilar: en 2006 paga 661’66€, que baixa a 589’29€ en 2007 coa rebaixa levada a cabo polo PP; pero en 2008, sube ós 661’00€, setenta euros de máis, cáseque un doce por cento.
Por eso, o PP pide inmediatamente que o concello adopte medidas para a contención do gasto corriente e de protocolo e representación, porque é o único xeito, xunto coa contención fiscal, de poder axudar ás familias e sectores económicos máis desfavorecidos a pasar a crise económica que se está a vivir.
Para os populares, o que está claro é que os socialistas e os nacionalistas teñen un afán recaudatorio extremo, de cara a poder cubrir os seus gastos de autobombo e autopromoción, como o demostra que certas partidas de gastos diversos estean xa prácticamente agotadas, e que o concello teña xa a estas alturas un desfase entre ingresos e gastos de millón e medio de euros, por culpa da imprevisión e irresponsabilidade política do alcalde. Alcalde que por certo opúxose a que se lle conxelara o soldo, o que non fai que nos engane, porque sabemos que o traballo non é o seu forte.
En Burela, a once de Agosto de dous mil oito.
O Grupo Municipal do PP de Burela.