BURELA .- Asegura o PP que “un alcalde que incumpre as súas propias propostas aprobadas polo pleno non é de fiar” referíndose Alfredo Llano e afirma que “a día de hoxe aínda non se adxudicaron os traballos do PXOM, que segundo o pleno de Outubro de 2007, e a proposta do propio alcalde, deberían terse adxudicados en xaneiro do presente ano” e matizan que “os traballos do PXOM non estarán rematados hasta 2014 ou 2015”.
Nota de Prensa
NOTA DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR
O GMPP afirma que o alcalde incumple os acordos plenarios.
Lembra que segundo o acordo do pleno de Outubro de 2007, o PXOM debería terse adxudicado en xaneiro deste ano.
Os populares aseguran que non haberá PXOM hasta 2014 ou 2015.
O GMPP afirmou nunha nota de prensa que o alcalde incumple os acordos plenarios, porque a día de hoxe ainda non se adxudicaron os traballos do PXOM, que segundo o pleno de Outubro de 2007, e a proposta do propio alcalde, deberían terse adxudicados en xaneiro do presente ano. O GMPP lembra que o asunto se levara a pleno e que o alcalde falaba de máxima celeridade para concluir os traballos en tres anos e medio, o que demostra o descoñecemento desta persoa dos asuntos municipais e de cómo se levan os trámites nun concello.
Polo tanto, os populares conclúen que os traballos do PXOM non estarán rematados hasta 2014 ou 2015, partindo da premisa de que a media de elaboración dun documento semellante, coa enorme cantidade de competencias dispersas que hai na materia, e segundo os propios técnicos, é de seis anos como mínimo.
Para os populares, un alcalde que incumple as súas propias propostas aprobadas polo pleno non é de fiar, e ademais demostra que traballou pouco porque non fixo os deberes. Ademais, debería de tirarlle das orellas á propia Xunta, porque ainda lle comunicou non hai moito o nomeamento do representante da mesma na mesa de valoración e contratación do PXOM, o que demostra o pouco interese que tén a Xunta socialista por Burela e o pouco peso que tén o alcalde no seu partido.
En Burela, a cinco de Agosto de dous mil oito.
O Grupo Municipal do Partido Popular.