Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo municipal do PP de Burela ve sen desbrozar viales do concello e da deputación

BURELA .- O grupo municipal do PP de Burela ve que viales de titularidade municipal e da deputación están sen desbrozar e cita “a estrada Burela-San Cibrao, o seu estado é lamentable ó pouco de pasar O Cabaliño  e na Marosa; tanto é así, que hai sitios nos que non hai beirarrúa, porque está tapada pola maleza, especialmente no cruce da estrada coa que vén da Casilla, xusto na Marosa, na que mesmo un sinal de stop está totalmente tapado pola maleza” polo que se refire a Deputación.  En canto ao concello de Burela asegura que “a travesía municipal na súa saída de Burela hacia Cervo tamén presenta un aspecto lamentable, porque en bon número de sitios a maleza invade a beirarrúa, coma no caso de Pomeda, que tapa a barandilla”

Nota de Prensa

O GMPP asegura que a Deputación non desbroza as súas estradas en Burela.

Os populares consideran “penoso” o estado das estradas a Rúa e a San Cibrao pola Marosa.

Para que queremos a este alcalde, se pregunta o PP.

O GMPP asegurou hoxe mediante unha nota de prensa que a Deputación Provincial esquece ó concello de Burela nas tarefas de desbroce das vías provincias. Os populares consideran “penoso” o aspecto de desidia que ofrece a estrada de Burela a Rúa, propiedade da Deputación, e a estrada de Burela a San Cibrao pola Marosa, pola súa marxe esquerda marxe esquerda.

O PP vé “preocupante” o estado da estrada de Rúa sobre de todo porque poden comenzar as tormentas de finais do verán, e hai moita presencia de folla seca e maleza mesmo cubrindo a pequena cuneta que tén a estrada; e se houbese un incendio, o problema aumentaría considerablemente.

No que se refire á marxe esquerda da estrada Burela-San Cibrao, o seu estado é lamentable ó pouco de pasar O Cabaliñó e na Marosa; tanto é así, que hai sitios nos que non hai bierarrúa, porque está tapada pola maleza, especialmente no cruce da estrada coa que vén da Casilla, xusto na Marosa, na que mesmo un sinal de stop está totalmente tapado pola maleza.

Ante esta situación, cabe preguntarse para que queremos a este alcalde, porque o seu labor é igual a cero; eso sí, as festas que non falten, pero a adicación ó concello brila pola súa ausencia.

O CONCELLO TAMPOUCO DESBROZA AS SÚAS ESTRADAS.

O concello de Burela tamén “pasa” dos desbroces das estradas de propiedade municipal. Como mostra, a travesía municipal dirección Cervo.

A travesía municipal na súa saída de Burela hacia Cervo tamén presenta un aspecto lamentable, porque en bon número de sitios a maleza invade a beirarrúa, coma no caso de Pomeda, que tapa a barandilla colocada coa remodelación da travesía que fixo o PP; chegando á Casilla volvemos a ter silveirais invadindo a acera esquerda, e no tramo novo, desde a ponte da Marosa hasta a variante, hai zonas nas que a maleza cubre as biondas e mesmo na marxe esquerda pode haber problemas no caso de tormentas, porque hai moita folla solta que pode taponar os desaugues.

Para o PP de Burela, este é o exemplo do enorme esforzo e o moito traballo do alcalde e dos seus compañeiros de bigoberno: o seu quefacer é nada, e a vagancia é o calificativo máis suave que se lles pode poñer.

Exit mobile version