Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela vai facer unha area infantil no parque Rosalía de Castro

BURELA .- O parque Rosalía de castro de Burela contará con unha nova zona infantil que ocupará uns 200 metros cadrados. A nova area estará dotada de “de pasatempos, igúoo, tren de madeira, columbios con asentos de cuna e dúas papeleiras con divertidas decoracións” según indicou o concelleiro de Obras e Servizos, Pascual Domenech.
Domenech tamén sinalou que “esta actuación, xunto coa construción dos parques ximnásticos para maiores, é froito do compromiso deste Concello de mellorar as dotacións de ocio para que os nenos e os maiores dispoñan de lugares apropiados onde disfrutar do tempo libre”.

Nota de Prensa

O CONCELLO DE BURELA CONSTRUIRÁ UNHA NOVA ÁREA INFANTIL NO PARQUE ROSALÍA DE CASTRO.

Burela, 28 de agosto de 2008.  A Delegación de Obras e Servizos do Concello de Burela anuncia o inminente comezo da construcción dunha segunda área infantil no Parque Rosalía de Castro, satisfacendo así unha demanda veciñal. Segundo conta o concelleiro delegado deste departamento, Pascual Domenech, <o proxecto elaboróuse tendo en conta a grande afluencia que rexistra a outra área alí instalada e a ubicación nun espazo orixinal, atractivo e agradable, aproveitando a situación excepcional das novas instalacións>.

Esta nova área ocupará unha superficie de preto de 200 metros cadrados, e <constará de pasatempos, igloo, tren de madeira, columpios con asentos de cuna e dúas papeleiras con divertidas decoracións, todo elo sobre solo bicolor adaptado á normativa europea sobre espazos infantís e revestimento de solos, e rodeado de peche modular multicolor delimitando a zona de xogos>, segue a contar Domenech que engade que <todos os xogos contarán con colores vivos e limpos, nos que se combina a estética tradicional e clásica con apostas innovadoras. O obxectivo destes elementos con formas redondeadas e suaves, é despertar a imaxinación dos nenos>.

O concelleiro de Obras e Servizos sinala que <esta actuación, xunto coa construcción dos parques ximnásticos para maiores, é froito do compromiso deste Concello de mellorar as dotacións de ocio para que os nenos e os maiores dispoñan de lugares apropiados onde disfrutar do tempo libre>.

Exit mobile version