BURELA .- As familias de Burela que teñan “fillos e fillas en idades comprendidas entre 0 e 16 anos censados aquí” contarán con unha liña de axuda das concellarías de Benestar Social e de Comercio do concello de Burela que “este ano subímolo a 40 euros”, explicou portavoz do BNG e tenente de alcalde, Neves Cando, quen indicou que os veciños interesados poden solicitar as axudas “a partires do mesmo día 8 de setembro e ata o 20 de outubro” no rexistro do concello.
Nota de Prensa
O CONCELLO DE BURELA CONCEDERÁ AXUDAS ÁS FAMILIAS PARA AFRONTAR A VOLTA AO COLEXIO. A CONTÍA SOBE ESTE ANO ATA OS 40 EUROS POR FILLO.
Burela, 26 de agosto de 2008. O Concello de Burela concederá axudas ás familias para afrontar a volta ao colexio agora no mes de setembro. Segundo explica Neves Cando, teniente de alcalde, <desde as Concellarías de Benestar Social e de Comercio estamos traballando para sacar por segundo ano consecutivo unhas bases para conceder axudas ás familias do noso concello para as compras do comenzo do curso escolar e para que estas compras, evidentemente, se realicen nos comercios da nosa vila. Para iso imos establecer unha liña de axudas para as familias de Burela que teñan os seus fillos e fillas en idades comprendidas entre 0 e 16 anos censados aquí>.
A edil nacionalista engade que <a finalidade é facer o menos custoso posible para as familias a incorporación dos seus fillas e fillas ás clases neste novo curso escolar que está a piques de comenzar e tamén primar que esas compras derivadas disto se realicen en comercios de Burela. Polo tanto, por realizar as compras de material escolar, material deportivo, roupa ou calzado nos comercios de Burela no período que abrangue dende o día 8 de setembro ata o 15 de outubro deste ano 2008, a cada familia que presente no Concello a correspondente solicitude e unha factura por cada fillo ou filla superior a 40 euros o Concello de Burela reembolsaralle 40 euros. O ano pasado foran 35 euros e este ano subímolo a 40 euros>. Neves Cando conta que <a partires do mesmo día 8 de setembro e ata o 20 de outubro estará aberto o prazo para presentar esta solicitude de axudas no rexistro do Concello>.
Campaña satisfactoria para as familias
O ano pasado concedéronse 949 axudas de 35 euros. A concelleira de Benestar Social e teniente de alcalde asegura que <case o 75 por cento das familias que cumplían os requisitos a solicitaron, o que supuxo unha axuda de máis de 33.000 euros para as familias de Burela e representou (porque evidentemente as compras foron superiores a eses 35 euros) polo menos o triple desa cantidade, que quedou aquí, nos comercios de Burela, e non marchou fóra. Os resultados do ano pasado así como o grao de satisfacción dos comerciantes e das familias, que nos recoñecían que por primeira vez se realizaba dende o Concello unha campaña verdadeiramente pensada para eles nos animaron este ano outraz vez a emprender esta iniciativa que agardamos que teña o mesmo ou maior grado de satisfacción para todos: para as familias, para os comerciantes e para todo o pobo de Burela>.