Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo convoca unha praza de arquitecto ou aparellador

RIBADEO .- O concello de Ribadeo convoca unha praza de arquitecto, arquitecto técnico ou aparellador para a aplicación das normas do hábitat durante o 2008. O contrato realizarase pola modalidade de obra ou servizo determinado e terá unha duración de catro meses (desde setembro a decembro). Entre os requisitos específicos que se esixen figuran ter o título de arquitecto, arquitecto técnico ou aparellador. Valoraranse: os servizos prestados no Concello de Ribadeo ou noutras administracións públicas en postos de contido análogo ou categoría semellante e tamén os servizos prestados en empresas privadas no Concello de Ribadeo ou de fora do termo municipal; o coñecemento do idioma galego e a antigüidade no paro.

Os interesados deberán presentar toda a documentación no rexistro xeral do Concello coma máximo ata as dúas da tarde do vindeiro 27 de agosto. A proba e selección de persoal realizaráse o día 28 ás seis y media da tarde na Casa do Concello.

Exit mobile version