BURELA .- O alcalde de burela, o socialista Alfredo Llano, asegurou que o concello de Burela está a arranxar as tres pontes de Feve que hai na vila. Llano considera que “con estes traballos as tres pontes quedarán moi bonitas”.
Por outra banda o alcalde de Burela anunciou que o concello recibiu un vehículo todoterreo da Consellería de Presidencia para Protección Civil.
Nota de Prensa
O CONCELLO DE BURELA ESTÁ A ARRANXAR AS TRES PONTES DE FEVE QUE HAI NA VILA.
Burela, 26 de agosto de 2008. O Concello de Burela está a arranxar as tres pontes de Feve que hai na vila, segundo avanzou hoxe o alcalde, Alfredo Llano. O rexedor asegura que xa se rematou o adecentamento da ponte que une a rúa do Mariñeiro con Celso Emilio Ferreiro <nesta pintáronse motivos coma o torques e o faro e para o arranxo da ponte de Eijo Garay recurremos á axuda do artista Francisco Amat. Neste caso os traballos comenzarán a vindeira semana, e despois ocuparémonos da ponte que hai na Virxe do Carme>. Llano considera que <con estes traballos as tres pontes quedarán moi bonitas…. Ademáis nalgún dos casos arranxaremos tamén o problema que ten coas goteiras cando chove>.
Vehículo para protección civil
Alfredo Llano anunciou que o Concello acaba de recibir un novo vehículo todoterreno de mans da Consellería de Presidencia que irá destinado a Protección Civil <engadiráse ao efectivos cos que xa conta este grupo para prestar un mellor servizo aos cidadáns>.