Site icon Crónica3.com A Mariña

O Cadáver do mariñeiro desaparecido hai un ano chegará mañá a Ribadeo

RIBADEO .- O cadáver do mariñeiro ribadense, Luís López González, chegará a Ribadeo mañá ás sete da mañá (aprox.) ao tanatorio de Ribadeo, sito na rúa Ramón González. O enterro será mañá ás 4 da tarde no cemiterio municipal e posteriormente celebrarase unha misa na igrexa parroquial de Santa María del Campo.

Finalmente os restos de Luís López sairán de Guidel (Francia), ás tres desta tarde. Viaxarán nun coche fúnebre que ha de percorrer máis de 1.200 quilómetros ata chegar a Ribadeo.

Recordamos que Luís López González desapareceu a finais do mes de setembro de 2006, cando traballaba a bordo do barco Minchos cuarto que faenaba en augas próximas á Canle da Mancha. Vinte e cinco días despois o seu cadáver foi localizado nunha praia francesa. A súa familia non tivo coñecemento deste feito ata xaneiro deste ano. Foi en xuño cando Beatriz López Rei (a súa filla) entrou en contacto coa Fundación Herdeiros da Mar, grazas á que foi posible axilizar os trámites para a repatriación do cadáver.

Exit mobile version