Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro resposta ás declaracións de Roel

VIVEIRO .- O BNG de Viveiro resposta ás declaracións do alcalde de Viveiro que acusa aos nacionalistas de “mentir”  dicindo que  eles “o único que reclaman é a apertura do Centro Sociocultural de Covas”. egaden que “Roel non cumpre, non dá golpe, ten o Concello manga por ombro, non permite a mínima discrepancia, só se rodea de criados… e así—manifesta o concelleiro do BNG, Xosé Antonio Goás Basanta— non nos extraña que, cando debería  de calar ou polo menos respostar educadamente, saia por peteneras como fixo onte”.

NOTA DE PRENSA.

“ROEL NON DÁ GOLPE E DEDÍCASE A SACAR BALÓNS FÓRA”

“ ROEL NON DÁ PÉ CON BÓLA E MINTE PARA TAPAR  A SÚA INEPTIDUDE”

O BNG de Viveiro quer respostar ás declaracións do alcalde de Viveiro que acusa aos nacionalistas de “mentir” cando o único que reclaman é a apertura do Centro Sociocultural de Covas. “Roel non cumpre, non dá golpe, ten o Concello manga por ombro, non permite a mínima discrepancia, só se rodea de criados… e así—manifesta o concelleiro do BNG, Xosé Antonio Goás Basanta— non nos extraña que, cando debería  de calar ou polo menos respostar educadamente, saia por peteneras como fixo onte”.

O BNG quer deixar claro diante dos veciños e veciñas que as actas do Pleno do Concello están a disposición de quen as queira consultar e moito antes de que o sr. Roel aparecera por estos pagos xa os nacionalistas tiñamos levado a Pleno a proposta de criación dun Centro Sociocultural en Covas. Atribúase pois o indignado alcalde a iniciativa, súmea á outras xa en funcionamento como o da central de biomasa, a exitosa bienal Maruja Mallo ou a Capela da Sarna. Tanto nos ten. Porque o único que pretendemos os nacionalistas é que o Centro Sociocultural de Covas se abra canto antes.

En canto á foto publicada onte que tanto o indigna, preguntamos. É que temos que pedirlle permiso para sair na foto? É que os membros do BNG teñen que contar co nihil obstat da alcaldía antes de ser fotografados polos medios de comunicación? É que só poden sair nos medios os seus mandados e criadas?. Díganos entón sr. Roel quen ten que sair na foto mañá, cando o BNG presente a súa vindeira iniciativa. Contéstenos de contado, señor : “este no, que es de Valcarría, el otro tampoco que es buen chico, queremos una chica más alta, que se afeite el de San Pedro…”

Exit mobile version