Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros quere que se volva a informar a liña de alta tensión

BARREIROS .- O responsable do BNG de Barreiros, Antonio Veiga, asegura que o estudio de impacto da liña de alta tensión Boimente-Pesoz non contempla “o impacto na poboación” e que de “tres posibles trazados para a liña e só aparece un” polo que pide que se “cumpra con toda a lexislación vixente e que se escoiten as alegacións presentadas polos veciños de Vilamar”.
Antonio Veiga explica que “queremos é traballar todos xuntos para que Rede Eléctrica Española retome o proxecto, volte a facer unha exposición pública”. Veiga recoñece a iniciativa dos veciñal e afirma que “de non ser pola actitude dos veciños e pola súa preocupación e as súas reclamacións probablemente esto tería pasado por enriba deles”.

Nota de Prensa

O BNG PIDE QUE SE VOLTE A SOMETER A INFORMACIÓN PÚBLICA  A LIÑA DE ALTA TENSIÓN BOIMENTE-PESOZ E QUE SE TEÑAN EN CONTA AS ALEGACIÓNS DOS VECIÑOS DE VILAMAR.

Barreiros, 6 de agosto de 2008. O BNG de Barreiros analizou onte cos veciños de Vilamar as iniciativas que a súa formación está a levar adiante sobre a liña de alta tensión Boimente-Pesoz e a planificación de actuacións conxuntas para <intentar que Red Eléctrica Española e o Ministerio de Industria dean marcha atrás a este proxecto e o volten a someter a información pública>, explica o voceiro nacionalista, Antonio Veiga. Desde o BNG barreirense entenden que <nesa exposición pública deberían contemplarse tres posibles trazados para a liña e só aparece un e prácticamente foi unha cousa que de non ser pola actitude dos veciños e pola súa preocupación e as súas reclamacións probablemente esto tería pasado por enriba deles, e nunca mellor dito, porque por encima dos veciños de Vilamar van pasar 440 KV co campo magnético que esto crea e cos problemas que eso pode supoñer para a saúde dos veciños non só desa parroquia senón de toda a zona dado que nese estudio de impacto ambiental se analiza nada máis o impacto que esta liña podería ter na fauna e na vexetación pero esquécese do impacto na poboación que é o que máis nos interesa a nós>.

Antonio Veiga asegura que na xuntanza de onte pola noite cos veciños de Vilarmar <éstes nos presentaron as súas queixas por cómo se estivo a levar todo o proceso desde o principio. Nós desde logo o que non queremos é pedir culpas e esixir responsabilidade a estas alturas. O que queremos é traballar todos xuntos para que Rede Eléctrica Española retome o proxecto, volte a facer unha exposición pública, que cumpla con toda a lexislación vixente e que se escoiten as alegacións presentadas polos veciños de Vilamar>. O voceiro do BNG en Barreiros engade que <asesorados polo vicepresidente de ADEGA, Daniel López Vispo, preparáronse unhas alegacións que os veciños están a distribuir conxuntamente con nós por todo o pobo que van ser recollidas a vindeira semana para presentalas diante da Subdelegación do Goberno. É interesante que esas alegacións, independentemente das poida ou deba ou teña que facer o Concello, se presenten de xeito individual por cada un dos veciños afectados. É moi interesante a resposta social a un problema porque aquí sobre mollado, en Galiza sempre nos toca esto: sempre nos toca ser productores de enerxía e sofrir as consecuencias sin obter nada a cambio. Nós entendemos que esto se ten que acabar e os veciños de Vilamar van seguir nesta loita>.

Exit mobile version