BARREIROS .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, asegura que ademais das licencias para a construción de 18 vivendas unifamiliares, “non foron a comisión moitos proxectos deses promotores dos que falan e que suporían a construción dunhas 2.000 vivendas máis que están aí pendentes co que iso suporía para os ingresos do noso Concello que igual pode pasar apuros dentro de pouco”. Fuente Parga respostaba así ó portavoz do BNG no concello de Barreiros que onte puxo en dubida o motivo polo que se pospuxo, dende o ano 2.006, a concesión de licenza para 18 vivendas unifamiliares
Nota de Prensa
O ALCALDE CULPA DA PARALIZACIÓN URBANÍSTICA QUE ESTÁ A SOFRIR O MUNICIPIO Ó BNG E ÓS SEUS SOCIOS DE GOBERNO NA XUNTA.
Barreiros, 27 de agosto de 2008. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, nega as acusacións verquidas nas últimas horas polo BNG nas que culpan ao PP da paralización das licencias de construcción de 18 vivendas unifamiliares no municipio. Fuente Parga asegura que <todo o mundo sabe porqué se paralizaron as obras en Barreiros, todo o mundo o ten claro…. Estivéronse a facer comisións de goberno e estivéronse a conceder licencias e evidentemente o Concello ten tres meses para resolver eses expedentes e houbo licencias presentadas nos últimos días antes da suspensión das normas subsidiarias que non puideron ser resoltas>.
O rexedor de Barreiros di que <estas comisións informativas de urbanismo se están a facer para que estes señores do BNG saiban o dano que se fixo ao Concello. Todas estas vivendas unifamiliares que tiveron que quedar sen licencia quedaron sen ela porque houbo unha suspensión das normas que foi provocada porque estes señores do Bloque o único que fixeron foi arremeter e arremeter contra o desenvolvemento de Barreiros e os seus socios de goberno na Xunta o que fixeron foi suspender as normas. E agora cando están vendo nestas comisións o dano que se fixo ó non poder conceder esas licencias din que as paraliza o goberno de Barreiros. Agora o que queren é darlle a volta á tortilla, pero a tortilla xa está queimada>.
Licencias pendentes
Alfonso Fuente cre que <lles debería caer a cara de vergoña por todo o que están a dicir e por todo o que fixeron porque ainda non foron a comisión moitos proxectos deses promotores dos que falan e que suporían a construcción dunhas 2.000 vivendas máis que están aí pendentes co que eso suporía para os ingresos do noso Concello que igual pode pasar apuros dentro de pouco tempo por este motivo>. O rexedor barreirense engade que <o problema do urbanismo en Barreiros todo o mundo sabe de onde veu e agora cando se están a poñer enriba da mesa os expedientes das licencias que quedaron pendentes é cando saen a culpar ao PP do que está a ocorrer. Hai que lembrar que o problema do urbanismo en Barreiros comenzou o 16 de novembro de 2006 cando se suspenderon as licencias, pero xa se iniciou en decembro de 2005 cando os concelleiros do BNG se dirixiron ao director xeral de Urbanismo para pedirlle que se paralizara todo esto>.
Convenio da auga
Sobre o denominado convenio da auga, o alcalde de Barreiros di que <os promotores inmobiliarios non lle adebedan nada ao Concello de Barreiros, porque teñen depositados uns avales que implican que si a 31 de outubro non se cumpriu con ese convenio eses avales vánse executar. E si houbo un pacto de cabaleiros e de portavoces onde tamén estivo o señor do BNG haberá que cumprilo, e alí se puxo esa data diante da complicada situación económica pola que está a atravesar o sector da construcción e o resto do país. Hai que ser serios e si un se senta nunha mesa e se toma un acordo haberá que respetalo, pero si se xoga a ser un camicace en política pois pasa o que pasa>.