CERVO .- O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, presentou unha solicitude nas dependencias da Xunta de Galicia, en Lugo, na que pide falar do xacemento arqueolóxico da Atalaia coa conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e co director xeral de Patrimonio, Felipe Arias. Está é a segunda ocasión na que Alfonso Villares pretende entrevistarse con Bugallo e Arias polo mesmo tema.
Nota de Prensa
ALFONSO VILLARES ENTREGA HOXE EN LUGO UNHA NOVA PETICIÓN DE ENTREVISTA CON BUGALLO E ARIAS PARA TRATAR O TEMA DA ATALAIA
Cervo, 28 de agosto de 2008.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, aproveitará a súa estadía hoxe en Lugo para presentar a última hora da mañá (14.00 horas aprox.) nas oficinas da Xunta de Galicia da capital lucense unha nova petición de entrevista dirixida á conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo; e ao director xeral de Patrimonio, Felipe Arias.
O obxecto destas dúas solicitudes de xuntanza cós principais responsables autonómicos en materia de conservación do Patrimonio é coñecer a situación na que se atopa o xacemento arqueolóxico da Atalaia e as previsións da Consellería de Cultura de cara á súa preservación e posta en valor.
Esta é a segunda petición neste senso remitida dende o Concello de Cervo. A primeira solicitude de entrevista a estes dous responsables do goberno galego foi feita en maio pasado, sen que ata o de agora se recibira ningún tipo de información ao respecto; nin tampouco se teña fixado unha data para celebrar a xuntanza solicitada.
SAÚDOS, CONCELLO DE CERVO