BURELA .- Na sesión plenaria que a corporación municipal de Burela celebra o xoves día 28, trataran cinco puntos na orde do día entre os que se inclúe unha inversión por importe de 212.000 euros para acometer melloras nas rúas Ramón Farré e Marqués de Sargadelos. Según indicou o alcalde de Burela, Alfredo Llano,as melloras nestas rúas inclúen “mobiliario urbano como en aparcamentos, asfaltados, farolas e sobre todo nos preparativos de augas fluviais e residuais. Imos tratar de adecuar estas dúas rúas o mellor posible, para o que serán necesarios de 4 a 5 meses”.
Nota de Prensa
AS OBRAS DAS RÚAS RAMÓN FARRÉ E MARQUÉS DE SARGADELOS VAN Ó PLENO ORDINARIO QUE MAÑÁ SE CELEBRA NO CONCELLO DE BURELA.
Burela, 27 de agosto de 2008. Mañá xoves 28 de agosto ás oito da tarde celebraráse un pleno ordinario no Concello de Burela no que se abordarán cinco puntos, tal e como relata o alcalde, Alfredo Llano <o primeiro é a dacción de conta dos decretos da alcaldía e de comunicacións oficiais. O segundo é dacción de conta da aprobación de proxectos de obra. Éste refírese á adecuación das rúas Ramón Farré e Marqués de Sargadelos, que imos melloralas sustancialmente tanto en mobiliario urbano como en aparcamentos, asfaltados, farolas e sobre todo nos separativos de augas fluviais e residuais. Imos tratar de adecuar estas dúas rúas o mellor posible, para o que serán necesarios de 4 a 5 meses de obras con un presuposto final de 212.000 euros, dos cales hai que invertir este ano 105.000 e o resto no 2009>.
Llano engade que <o terceiro punto refírese á renuncia do cargo da concelleira do grupo popular Celia Laura Neira Lestao, que dimite por razóns familiares e persoais. Outro punto, o cuarto, é unha homenaxe ó xornal El Progreso, de Lugo. Queremos rendirlle unha homenaxe a este xornal, que xa leva 100 anos funcionando; é un periódico da provincia e queremos resaltar o aspecto cultural e formativo que este xornal ten na provincia e tamén en Burela. E por último, o quinto punto é o de mocións. Hai unha presentada polo grupo popular respecto ó helicóptero Pesca II, que discutiremos mañá no pleno>