FOZ .- O portavoz do PP no concello de Foz, Angel Cao, asegura que a “irresponsabilidade” do alcalde, José María García Rivera, “puido ser a causa dunha desgracia maior en Cordido, cando fai uns días se produciu un pequeno incendio e quixeron utilizar o deposito de auga que se atopaba cerca e viron que dado o estado no que se atopaba non servía para ese fin”. Cao recorda que o PP de Foz comunicou nun pleno “o estado de abandono no que estaban os depósitos de auga para prevención de incendios”.
Nota de Prensa
A IRRESPONSABILIDADE DE RIVERA POIDO SER GRAVE NO INCENDIO DE CORDIDO
O Partido Popular fai unes meses, denunciou nun Pleno o Alcalde Rivera, do estado de abandono no que estaban os depósitos de auga para prevención de incendios, ubicados nos montes das distintas parroquias, e advertindo de que nas fechas que estabamos de alto índice de perigo de incendios seria necesario limpalos porque tiñan mais fango que auga.
Coma sempre Rivera nun acto de irresponsabilidade, non fixo nada, como ben sendo a súa actitude cos acordos das propostas dos grupos da oposición.
Esta irresponsabilidade puido ser a causa dunha desgracia maior en Cordido, cando fai unhos días se produciu un pequeno incendio e quixeron utilizar o deposito de auga que se atopaba cerca, viron que dado o estado no que se atopaba non sérveo para o seo fin.
Esperamos que o Sr. Rivera aprendese a lección, e faga caso das propostas de quen se preocupa po la seguridade dos veciños, non soamente da feita fai uns meses da limpeza dos depósitos de auga, si non tamen da que presentaremos no próximo pleno, onde solicitaremos a protección do entorno dos mesmos. Pois fai uns días caeo nun deposito un can de caza, o cal non puido saír e morreo afogado, no caso de que fose un pícaro ou unha persoa maior o suceso seria mais grave, por tanto pediremos que se protexa o entorno dos depósitos de xeito que non teñamos que lamentarnos despois.
Portavoz del G.M. Partido Popular
Angel Cao Pérez