VIVEIRO .- Algo menos de trinta minutos, vintesete exactamente, foi o tempo empregado en recorrer en coche os pouco menos de catro quilómetros e medio que hai desde a rotonda existente diante do complexo hoteleiro Las Sirenas, en Sacido, cerca de Covas, ata o centro de saúde Viveiro. Era luns ás seis da tarde, xa chovera, e no traxecto tódolos semáforos estaban abertos. Non se apreciaba nada anormal que interrompera o tráfico nin nada normal que o axilizase. Viveiro estaba en calma, pouca actividade na travesía, terrazas a medio encher e a Feira de Artesanía non tiña moitisimos visitantes.
En todo o traxecto podía verse algún camión de reparto subido a beirarrúa, algún coche aparcado en dobre fila e unha única axente da policía local que parecía regular o tráfico sobre o paso elevado de peóns o inicio dos xardíns Noriega Varela. Máis adiante, frente a praza de abastos, un coche da policía, na cola da caravana, en dirección Viveiro, coas luces do teito acesas parecía non saber.
O final, vintesete minutos despois, preto do centro de saúde outro coche de axentes locais, neste caso de Xove, en dirección Viveiro recordaban o traxecto de cando carretaban a Donjesús. Despois quedaba outra medía hora larga ata chegar a Burela, previo paso polo radar do Alto do Cruceiro, o tramo sinalizado como en obras entre Riocobo e a ponte da Espiñeiriña e o radar de Figueirido.
Sin lugar a dubidas, a entrada en funcionamento do novo vial de San Cibrao a Celeiro acelerará o trafico, chegarase antes o atasco de Viveiro.