Site icon Crónica3.com A Mariña

“Marea a perdiz” o alcalde de Viveiro e non resposta alegacións, asegura o BNG

VIVEIRO .- O BNG de Viveiro, califica de “lamentábel espectáculo” a actitude do alcalde durante o último pleno “que   sen entrar a cuestionar as alegacións, dedicouse como xa vén sendo habitual a marear a perdiz”. Os nacionalistas de Viveiro aclaran que calquera persoa ou entidade pode “presentar alegacións ao proxecto de orzamentos” sen que sexa xustificación ao atraso da tramitación dos presupostos e recordan cronoloxía do trámite presupostario de Viveiro”.

Nota de Prensa

“ ROEL ANDA A MAREAR A PERDIZ E NON CONTESTA ÁS ALEGACIÓNS DO BNG”

Despois da sesión de Pleno de onte e diante do lamentábel espectáculo ofrecido polo alcalde no que, sen entrar a cuestionar as alegacións, dedicouse como xa vén sendo habitual a marear a perdiz, o concelleiro do BNG de Viveiro quer facer público o seguinte:

1º.-Calquer persoa pode presentar alegacións ao proxecto de orzamentos. Calquer entidade pode tamén facelo. ( A do Eixo Atlántico pode alegar, por exemplo, para que figuren explicitados os 18.000 euros comprometridos no Pleno do 20 de setembro de 2007). Facer, portanto, un debate absurdo sobre quen asina a reclamación é botar fume para non entrar no asunto que realmente se trata. Dedicarse a soltar especulacións sobre si o asinante representa ou non  ao BNG pode ser tarefa entretida para o holigan de turno que non ten, entre outras cousas, facultade algunha para dar  carta de representación a ninguén. Quen representa ao BNG, nesta ou naquela ocasión, decídeo a nosa organización e non o señor Amor.

2º.-En canto ao posíbel retraso que orixinaría esta reclamación quero clarexar o seguinte.

a) Roel dí textualmente nunha sesión de Pleno do día 3 de decembro de 2007 : “os presupostos de 2008 serán presentados en decembro, e agora poido asegurar que na seguinte semana á ponte da constitución serán presentados na Comisión Informativa de Facenda e ás Asociacións Veciñais”. Nen houbo tal Comisión, nen se presentou nesa data nengún proxecto, nen se lles expuxo ás Asociacións Veciñais. Outra trola máis das súas, señor Roel

b) O orzamento entrégase para que sexa informado polos Servizos de Intervención o 6 de xuño de 2008. Seis meses—este é o retraso—despois de facer tal anuncio. Quen é o que  retrasa posíbeis investimentos con subvencións?

c) Os Servizos de Intervención infórmano no prazo regulamentario de 10 días: o 16 de xuño e lévanse á Comisión e a Pleno un mes despois. O orzamento participativo, sr. Roel pasou a historia, nonsí?

3º.-Concluíndo: o BNG vai seguir facendo oposición. O traballo do goberno é mandar publicar o vindeiro luns o acordo de aprobación definitiva. O que ten que facer o suposto delegado de Economía e Facenda e entregarnos—tal como lle solicitamos por escrito hai moitos meses—o listado de facturas, ás contas que nunca dá e ordenar os pagos que eles—e só eles—comprometeron non seu día.

Exit mobile version