Site icon Crónica3.com A Mariña

Lonxe de aclarar o futuro do polígono industrial o alcalde de Burela enche de dubidas ó PP

BURELA .- Supeditar o futuro polígono industrial de Burela ao trazado do vial Barreiros San Cibrao, esperar a aprobar o plan xera de ordenación, condicionantes para a zona e O Perdouro e condicionantes pra a zona de A Puida son cuestións que plantexou o alcalde de Burela, Alfredo Llano, ao interesarse o grupo municipal do PP polo futuro industrial da vila,  según afirma o PP. Os populares aseguran que  “o alcalde supedita o parque empresarial ó PXOM e ó trazado do corredor. O PP asegura sospeitar que Llano “fará o que lle manden, pero nada para axudar a saír da crise”.

Nota de Prensa

COMITÉ LOCAL-GRUPO MUNICIPAL

BURELA
NOTA DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR

O GMPP, máis preocupado polo parque empresarial despois do pleno.

O alcalde supedita o parque empresarial ó PXOM e ó trazado do corredor.

O PP sospeita que o alcalde “fará o que lle manden”, pero nada para axudar a salir da crise.

O GMPP manifestou hoxe a través dunha nota de prensa que saleu do pleno do pasado xoves máis preocupado do que entrou en relación coa construcción en Burela dun parque empresarial. E esto é debido á ausencia dun compromiso claro por parte do alcalde, que evitou en todo momento dar prazos. O PP preguntou na sesión plenaria polo traballo que se está facer para a construcción dun parque empresarial en Burela.

O único que dixo o alcalde foi que quería acabar o Perdouro, pero non aclarou como, cuestión esta non menor, dadas as características da propiedade na zona e dos prezos que se poden manexar, e ademais que é unha superficie que só pode liberar entre cincuenta e sesenta mil metros cadrados reais, claramente insuficientes para o que precisa Burela. E tampouco dixo cando. Eso mesmo quería facer o PP, pero sendo conscientes de que eso non chega para a expansión económica de Burela, e menos en época de crise.

Segundo os populares, debería de ser precisamente agora, en época de crise, cando se puxeran en marcha proxectos importantes para Burela, pero este alcalde caracterízase por non facer nada, nin tan siquera para axudar a sair da crise económica que estamos a vivir.

Para os populares, en canto á construcción do parque empresarial programado por SUPLUSA, órgano dependente da Deputación na zona de A Puida, quedou demostrado que o alcalde móvese segundo o paso que lle marcan desde fóra do concello. Por dous motivos, dixo que había que esperar polo PXOM, tal e como dixera Lara Méndez a semana anterior, esquecendo que xa hai en marcha unha modificación de normas subsidiariais para construir o parque empresarial, modificación que se pode sacar adiante  técnica e políticamente, pero con traballo e ganas. E tamén dixo que había que agardar por ver o trazado do corredor Barreiros-San Cibrao, o que nos fai ser máis pesimistas se cabe, xa que creíamos que estaba claro que o corredor iría polo sur do concello e se así non fose non se aceptaría.

Polo tanto, os populares sospeitamos que estamos ante unha operación de estética, porque nos poden meter o corredor por onde o pleno dixo no seu día que non pasase, e por onde non quere a Asociación de Veciños e moitos empresarios, pero que mui probablemente nos van colar un trazado que impida a futura construcción do parque empresarial da Puida, co que Burela se queda sen parque empresarial.

E todo esto coa posible connivencia do alcalde, que miraría para outro lado, e que demostraría así o nulo peso político que tén no seu partido, xa que nos intentarían vender posibles actuacións en Burela, a cambio de que achántasemos con unha situación que de producirse en nada beneficia ó noso concello.

Polo tanto, o PP, que alerta deta posible situación pola súa transcendencia, tamén estará vixiante en todos e cada un dos movimentos que se dean para evitar por todos os medios que Burela e os seus veciños e veciñas saian perxudicados.

En Burela, a catro de Agosto de dous mil oito.

O Grupo Municipal do PP.

Exit mobile version