BURELA .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano reuniuse co delegado provincial de Vivenda, Cosme Eladio Pombo, que espuxo o plan sectorial do solo residencial para vivenda protexida que se vai implantar en Galicia. Durante a xuntanza “estivemos mirando algunhas zonas de Burela onde puideran levantarse ese tipo de vivendas, pero non concretamos nada” asegurou Llano.
Tamén pasaron por Lugo para analizar este plan outros alcaldes da Mariña luguesa coma os de Foz, Barreiros ou Ribadeo.
Nota de Prensa
O ALCALDE REUNÍUSE CO DELEGADO DE VIVENDA PARA ANALIZAR O PRIMEIRO PLAN SECTORAL DO SOLO RESIDENCIAL PARA VIVENDA PROTEXIDA.
Burela, 5 de agosto de 2008. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, mantivo nas últimas horas en Lugo un encontro co delegado provincial de Vivenda, Cosme Eladio Pombo, para analizar e coñecer o primeiro plan sectorial do solo residencial para vivenda protexida que se vai implantar en Galicia. Segundo explica Llano <foi unha primeira toma de contacto para sermos informados sobre o plan que contempla ofertar vivendas de promoción pública en moitos concellos galegos. Estivemos mirando algunhas zonas de Burela onde puideran levantarse ese tipo de vivendas, pero non concretamos nada…. quedamos para seguir falando e alí onde vexamos que existe unha posibilidade de ofrecer solo para ese fin pois será unha boa cousa>.
O rexedor burelés lembra que <o Concello de Burela xa ten previsto realizar nalgunhas zonas e nalgunhas unidades de actuación recollidas nas normas subsidiarias polas que nos estábamos a rexir espazos para favorecer este tipo de vivenda. É o caso de Torrentes onde está previsto construir unhas 42, e despois no PXOM haberá que reservar espazos para a vivenda protexida>.
Tamén pasaron por Lugo para analizar este plan outros alcaldes da Mariña luguesa coma os de Foz, Barreiros ou Ribadeo.