RIBADEO .- A parroquia de Rinlo dispón de oito contedores soterrados para lixo, vidro e cartón indicou o concelleiro de Medio Ambiente de Ribadeo, Horacio Cupeiro que explicou que os contedores “son tres de orgánico, tres de selectiva, un de vidro e un de cartón que están ubicados no porto”. Cupeiro matizou que “aproveito a ocasión para invitar aos veciños do Concello a que depositen o lixo de xeito selectivo xa que é unha boa maneira de defender que os ribadenses estamos implicados co medio ambiente”
Nota de Prensa
RINLO ESTREA ESTES DÍAS CONTEDORES SOTERRADOS PARA A RECOLLIDA DO LIXO, O VIDRO E O CARTÓN.
Ribadeo, 25 de agosto de 2008. Rinlo estrea estes días contedores soterrados para a recollida do lixo <son tres de orgánico, 3 de selectiva, 1 de vidro e 1 de cartón que están ubicados no porto>, segundo explica o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, que engade que <trátase de velar pola imaxe deste pobo ribadense ao ser un punto emblemático desde o punto de vista turístico>.
Esta actuación non supuxo ningún desembolso para o Concello de Ribadeo <a pesares de que o investimento realizado ascende a uns 30.000 euros>, segue a contar Cupeiro. O edil nacionalista de Medio Ambiente anuncia que <o Concello está a estudar a instalación de máis contedores soterrados noutros lugares de Ribadeo. Os de Rinlo son os segundos cos que conta o municipio>.
Horacio Cupeiro agarda que <os rinlegos saiban apreciar esta xestión e tamén que fagan un bó uso dos contedores que están ubicados nun punto estratéxico de Rinlo coma é o paseo marítimo. Aproveito a ocasión para invitar aos veciños do Concello a que depositen o lixo de xeito selectivo xa que é unha boa maneira de defender que os ribadenses estamos implicados co medio ambiente>.