Site icon Crónica3.com A Mariña

A trixésima queimada popular pecha as festas de Cervo o día 23

CERVO .- O día 14 comezan en Cervo as festas patronais que rematan o 23 coa celebración da XXX queimada popular. A celebración contan con un variado programa con actividades para grandes e pequenos, nas que se inclúen xornadas gastronómicas, como a Festa do Ovo Frito e a  Queimada, eventos deportivos, como o XX Trofeo Sargadelos de Fútbol, espazos culturais, como o concurso de debuxo infantil,  o XII Festival Folclórico “Airiños do Xunco” e a Semana Cultural da Queimada. Por suposto que tamén haberá misas cantadas, procesións, pasarúas e verbenas.
As festas están organizadas pola Asociación “Rego Cachón”, co colaboración do Concello de Cervo, Asociación Cultural “Airiños do Xunco”, Asociación de Montes en Man Común, Asociación de Veciños Cervo-Sargadelos, Coro Parroquial, Grupo Scout Esvedro e Sociedade Deportiva Cervo-Sargadelos.

Aquí podes atopar o PROGRAMA MÁIS TETALLADO.

Exit mobile version