O pavillón dos institutos de Burela acollerá unha feira de antigüidades e coleccionismo que se poderá visitar de 5 da tarde a 10 da noite o día 15 e entre as 11 da mañá e as 2 do mediodía e tamén de 5 da tarde a 10 da noite os días 16 e 17. Este evento organízao a concellaría de Turismo cuxo responsable é José González Legaspi.